SmartPeme imparte esta próxima semana seis novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre cultura sostible e responsabilidade social, dinamización de páxinas web, administración electrónica, redes sociais para a promoción turística, Instagram e ciberseguridade

24/04/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como a cultura sostible e a responsabilidade social nos negocios, a dinamización das páxinas web, a iniciación na administración electrónica, novas redes sociais para a promoción turística, Instagram e o seu contido e a ciberseguiridade.

Este martes 26 pola mañá, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, será quen imparta o obradoiro “Impulsa a cultura sostible e a responsabilidade social no teu negocio l”, un taller para dar a coñecer a aplicación da RSC (Responsabilidade Social Corporativa) nas PEMES co fin de mellorar a súa contorna e percepción por parte dos seus clientes. Pola tarde, Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, amosará como manexar a ferramenta Google Web Stories que insire stories nas páxinas web competindo así coas redes sociais, isto será no curso “Dinamiza a túa páxina web con Google Web Stories”.

O mércores 27, ofrécense dous novos talleres: o primeiro será “Primeiros pasos coa Administración Electrónica” conducido por José Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia. Nel tratará de dar a coñecer a obtención, utilización e aplicación de diversas ferramentas como o DNI electrónico e o certificado dixital e as súas vantaxes . O segundo “Novas redes sociais para a promoción turística; TikTok e Twich”. Sonia Torres, con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas, falará sobre estas dúas potenciais redes que permiten conectar e interactuar aos usuarios de ditas plataformas.

Finalmente, o xoves 28, terán lugar os últimos obradoiros do mes. No primeiro,  o Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, Manuel Freire, impartirá “Ciberseguiridade, contramedidas básicas II” complementando o taller da semana anterior. Este terá o dobre obxectivo de concienciar ao usuarios sobre riscos de usar a Internet e exporalle contramedidas básicas para estar máis protexidos nas súas navegacións. No segundo, “Instagram e o seu contido visual” Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, fará un repaso por todas as opcións de contido visual que Instagram e, tamén, pola importancia da identidade visual nas publicacións das nosas redes.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 14 resultados.