SmartPeme imparte esta semana un novo obradoiro online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta un curso sobre blockchain, identidade dixital e NFT

27/02/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. A acción levarase a cabo o mércores 2 de marzo de 12.00 a 13.00 horas e mergullarase no “Blockchain, identidade dixital e NFT”.

Máis polo miúdo, este obradoiro de SmartPeme é o terceiro dunha serie de talleres formativos sobre temas de máxima actualidade que teñen como denominador común a tecnoloxía blockchain. Todos eles están dirixidos por Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D con máis de catro anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.

Tras coñecer en talleres anteriores en que consiste esta tecnoloxía e a súa relación na creación do “internet do valor” así como as criptomoedas, neste terceiro obradoiro Manuel Freire falará sobre a identidade dixital e tratará de achegar algo de luz sobre que son e para que serven os NFT. O ciclo completarase a semana que vén con un taller sobre o metaverso.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.