SmartPeme pon o peche ao mes de novembro cun novo obradoiro sobre Inboud Marketing

28/11/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na súa carteira de obradoiros. A acción tratará o tema do Inboud Marketing, unha metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas de márketing e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cun usuario dende que coñece a nosa marca, acompañándoo ata a conversión ou venda final.

Será este martes 29 de novembro, ás 12 da mañá, impartida por Jose Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de vinte anos de experiencia. O obradoiro “Introdución ao Inboud Márketing II” dará a coñecer a importancia do funil de conversión, 5 pasos para realizar unha campaña, ferramentas e tendencias do Inboud Márketing.

Noticias relacionadas

 
		SmartPeme ofrece esta semana cinco novas accións formativas

SmartPeme ofrece esta semana cinco novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico imparte formacións de ciberseguridade, creación de páxinas web, Trello, video márketing ou Blockchain e criptomoedas

 
		SmartPeme arranca a semana con cinco novas accións formativas

SmartPeme arranca a semana con cinco novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación imparte formacións sobre ciberseguridade, CRM, Trello, reservas en Excel ou Blockchain

 
		O programa Smartpeme oferta esta semana seis novas formacións online

O programa Smartpeme oferta esta semana seis novas formacións online

O programa de asesoramento tecnolóxico impartirá formacións sobre ciberseguridade, packaging, primeiros pasos con Google Analytics 4, Márketing social, impostos ou utilización de Benchmarck Email