#MOBILIDADE

Rede Ágora

Concellos polo Espazo Público


A Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público é unha iniciativa de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Está formada pola Deputación e 54 concellos da provincia.

O seu obxectivo é chegar a xuño de 2023 conseguindo que os concellos pontevedreses incrementen de forma substancial o espazo reservado ás persoas, itinerarios peonís e ciclables cumprindo un decálogo básico:

Os principios Ágora:

  • O espazo público é un dereito
  • As persoas primeiro
  • Mobilidade inclusiva
  • Autonomía infantil
  • Mobilidades alternativas
  • Espazos seguros
  • Hábitat saudable
  • Espazos amables e de calidade
  • Actividade económica de proximidade
  • Mobilidade sustentable

Facultade Ágora: redeagora.gal

Subvencións

Subvencións para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos para as persoas e a creación de sendas peonís e/ou ciclables no ámbito municipal dos concellos adheridos á Rede Ágora

Convocatoria 2022

Convocatoria 2021

Grazas ás “Subvencións Ágora 2021” poderán recuperarse preto de 100.000 m2 de espazo público para as persoas gañándollo aos coches.

As axudas chegaron a 39 concellos da provincia por valor de máis de 2,2 millóns de euros. Repartíronse 1.550.000 euros entre 31 concellos que solicitaron subvencións no Eixo 1 —para redactar proxectos—, a través do cal recibiron cada un 50.000 euros; e 666.682,9 euros no Eixo 2 —de execución de obras—, con montantes de ata 100.000 euros.

Os criterios para recibir as subvencións pasaban por incrementar en máis dun 50 % o espazo peonil existente e crear zonas exclusivas para peóns de máis de 300 metros.

Unha vez que se executen os proxectos do Eixo 1 obteranse máis de 82.300 m2 para as e os peóns, o que supón un incremento do 231,65 % do espazo público actual.

No caso do Eixo 2 gañaranse 13.702,43 m2 para as persoas, un aumento do 176,90 %.

ODS NOS QUE TEN IMPACTO