Axenda de actividades provinciais

Habitarme. Danza e Teatro. Cambados

2023-06-11 20:00:00.0
Auditorio municipal. Cambados
Habitarme

HabitarMe é unha peza de danza e teatro que trata sobre mulleres diversas, mulleres ben habitadas, mulleres desexosas, mulleres que fan, mulleres que cuestionan, mulleres que están incómodas, mulleres que optan por saír da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. É unha obra que fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e, de súpeto, un crac, unha pausa, un alento máis longo do habitual onde nacen as ganas. Así que falar diso, habitala, é a única opción.

Información