Labora 2020

LABORA 2020

Labora 2020 é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.

 

Obxectivos

  • Realizar 11 itinerarios integrados e personalizados de inserción laboral dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade.
  • Atención a 855 persoas da provincia de Pontevedra a través de itinerarios personalizados para a mellora da súa formación e empregabilidade.

Persoas beneficiarias

As persoas destinatarias dos itinerarios formativos do proxecto serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

Que ofrecemos

  • Itinerarios integrados de inserción sociolaboral:

    • Orientación laboral e titorías individuais
    • Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave nivel 2
    • Práctica profesional titorizada correspondente á formación específica en contornos reais de traballo
    • Formación transversal en igualdade de oportunidades, igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social. Desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio ambiente
    • Formación complementaria: busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego
    • Axuda económica por día de asistencia ás accións formativas
  • Xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas

Cando

Os itinerarios levaranse a cabo durante os anos 2019, 2020 e 2021

Itinerarios

Onde

A Guarda, Barro, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Moaña, O Grove, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa

PREINSCRICIÓN: PROCEDEMENTO

O procedemento para a preinscrición rexerase segundo o establecido nas Bases de selección de persoas participantes no Proxecto Labora 2020, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

En calquera caso as persoas interesadas deberán:

  • Solicitar a formación correspondente na súa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso.
  • Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I "Solicitude de participación", que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica.
    • Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)
    • Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Preguntas frecuentes

  Que é o proxecto Labora 2020? 

  Que me ofrece o proxecto Labora 2020? 

  A quen vai dirixido o proxecto Labora 2020? 

  Como me podo preinscribir? 

  Cando me podo preinscribir? 

  Existe algunha axuda económica por participar neste programa? 

  Estou cobrando unha prestación social (RISGA), teño dereito á axuda por participación? 

  Teño dereito á axuda económica se estou cobrando prestacións ou subsidios por desemprego? 

  É necesario cumprir algún requisito formativo/educativo para realizar esta formación? 

  Esta formación ten certificación oficial? 

  Que accións formativas podo realizar?  

  Podo ter ausencias durante a formación? 

  Que sucede se as ausencias superan o 10 % das horas totais do itinerario? 

  É obrigatorio asistir á formación transversal? 

  É compatible ter un emprego coa formación? 

  É compatible participar no proxecto Labora 2020 e recibir outra formación? 

XORNADAS INFORMATIVAS

O proxecto "Labora 2020" organizará 10 xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas  coa participación de empresas relevantes dos sectores con mais perspectivas de emprego; intervención de relatoras e relatores referentes no ámbito do coaching, intelixencia emocional e resiliencia, e coa colaboración de entidades de carácter social que están traballando no ámbito da  formación e do emprego.

A temática de cada unha das xornadas céntrase en aspectos claves no ámbito da formación e do emprego:

  • Motivación e apoio a persoas con difícil acceso ao mercado laboral
  • Fomento do emprendedurismo e a cultura empresarial
  • Innovación da formación para o emprego
  • Intercambio de experiencias e boas prácticas
  • Promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación de exclusión social

 

Máis información

Última modificación: venres, 18 outubro 2019

Vídeos

Labora 2020

   


Logos Fondo Social Europeo y MInisterio de Política Territorial y Función Pública