
#LINGUA
Letras Galegas 2025
O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado á poesía popular oral. A través de sete cantareiras, a Real Academia Galega inclúe neste recoñecemento a nosa memoria, a nosa historia como pobo e o mantemento da nosa lingua desde a celebración e a alegría da música.
Coros, asociacións culturais, artistas e docentes axudaron a manter vivo este legado e a transmisión interxeracional dun tesouro que recolle con suma nitidez a nosa identidade colectiva como galegas e galegos.
A lírica oral xorde do pobo como alternativa á denominada literatura culta, aínda que convén recoñecer tamén o seu importante papel no rexurdimento da literatura galega e no seu desenvolvemento posterior.
Cantareiras e pandeireteiras foron creadoras e transmisoras de arte e beleza, e fixeron contribucións fundamentais á cultura galega que hoxe se ven recoñecidas de forma colectiva nas Letras Galegas de 2025.
A Deputación de Pontevedra súmase a esta homenaxe á cultura popular galega a través de diversas iniciativas e proxectos: