Apertura do Foro da Muller Rural Galega

20/10/2023

A deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, participou no Rosal na apertura do Foro da Muller Rural Galega, impulsado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Visibilizar e impulsar a situación da muller rural é o obxectivo deste evento e, na súa intervención, Bastos destacou o papel que están a desenvolver as mulleres emprendedoras para afianzar o desenvolvemento económico e o mantemento da poboación no rural, “e esta é unha das cuestións ás que debemos facer fronte para facer máis provincia”. A deputada lembrou que “para transformar a provincia e conseguir avanzar con éxito, é fundamental sumar sinerxías e traballar conxuntamente con todos os axentes implicados”, louvando o labor que neste senso está a desenvolver a Asociación Eu Rural.