Reunion coa Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo

19/10/2023

A deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos, mantivo esta mañá unha reunión con Lucía Míguez e Almudena Álvarez, da Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo. No encontro, que serviu para establecer un primeiro contacto entre ambas entidades, a asociación presentou o seu traballo á deputada e exploráronse posibles vías de colaboración para o futuro.