Luar na Lubre ofrece este martes un concerto en Cambados ao abeiro do programa da deputación Musigal

A actuación da banda galega terá lugar ás 22:00 horas na Praza de Fefiñáns

31/07/2023

O grupo Luar na Lubre ofrecerá na noite deste martes 1 de agosto un concerto en Cambados, no marco das celebracións da LXXI Festa do Albariño. A actuación, que terá lugar ás 22:30 horas na Praza de Fefiñáns, celébrase ao abeiro do programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e fomentar o uso e a normalización social da lingua.

A formación galega Luar na Lubre presentará no concerto “Vieiras e vieiros, historias de peregrinos”, o traballo discográfico número 19 do grupo, un álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago a través das historias dos peregrinos. Neste traballo, o grupo pon en valor a banda sonora dos territorios polos que transita o itinerario xacobeo, que abrangue lugares do Cebreiro, A Fonsagrada, a Costa da Morte ou a propia cidade de Compostela. Así, o disco inclúe sonoridades propias e músicas tradicionais que estiveron sempre moi ligadas e presentes nesta ruta.

Luar na Lubre naceu en 1986 co obxectivo de desenvolver, impulsar e dar a coñecer a música e a cultura galegas. Despois de tres décadas de traxectoria, con 19 discos publicados e máis de 1.500 concertos en 30 países de todo o mundo, o grupo é unha referencia internacional da música de raíz, cun traballo centrado desde os seus inicios no universo folk. Desde a publicación de “O son do ar” (1988), tema do que chegou a facer unha versión Mike Oldfield, o grupo procurou o seu propio estilo, tendo sempre como inspiración primaria a música galega. Un labor que se reflicte en todos e cada un dos discos publicados ata o momento pola agrupación liderada por Bieito Romero.

Novas relacionadas

{"classPK":12835297,"groupId":"37861","name":"20250522-LuisaSanchezConciertosProvincia01.jpg","alt":"Luisa Sánchez, asistiu este xoves na Casa de Galicia, en Madrid, á presentación do programa Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia","title":"20250522-LuisaSanchezConciertosProvincia01.jpg","type":"document","uuid":"94dab83e-4601-5ba2-dcbc-c54e634a3882","fileEntryId":"12835297","resourcePrimKey":"12835438"}

Luisa Sánchez asiste na Casa de Galicia en Madrid á presentación dos Concertos do Xacobeo

  22/05/2025

{"classPK":12835297,"groupId":"37861","name":"20250522-LuisaSanchezConciertosProvincia01.jpg","alt":"Luisa Sánchez, asistiu este xoves na Casa de Galicia, en Madrid, á presentación do programa Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia","title":"20250522-LuisaSanchezConciertosProvincia01.jpg","type":"document","uuid":"94dab83e-4601-5ba2-dcbc-c54e634a3882","fileEntryId":"12835297","resourcePrimKey":"12835438"}

Roi Casal actúa este domingo en Campo Lameiro ao abeiro do programa da Deputación “Musigal”

  02/09/2023

{"classPK":12835297,"groupId":"37861","name":"20250522-LuisaSanchezConciertosProvincia01.jpg","alt":"Luisa Sánchez, asistiu este xoves na Casa de Galicia, en Madrid, á presentación do programa Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia","title":"20250522-LuisaSanchezConciertosProvincia01.jpg","type":"document","uuid":"94dab83e-4601-5ba2-dcbc-c54e634a3882","fileEntryId":"12835297","resourcePrimKey":"12835438"}

Uxía Lambona e a Banda Molona chegan este martes ás Festas do Cristo de Cangas da man da Deputación

  28/08/2023

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 18 resultados.