Máis dun millón de euros do Plan Concellos para a mellora de 33 camiños rurais en Lalín

O goberno da Deputación aproba esta achega que supón o 41,5% do orzamento total do plan provincial destinado ao municipio

13/06/2022

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de ar luz verde a unha importante achega de 1.083.660 para Lalín da man da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos, que terán como finalidade a mellora de 33 camiños no territorio rural mediante unha nova capa de rodadura. Esta achega supón o 41,5% do orzamento do Plan Concellos destinado a este municipio que ascende a 2.611.450 euros.

Máis polo miúdo, as actuacións levaranse a cabo en viarios que sofren un deterioro importante na súa capa de rodadura e, polo tanto, proxéctanse para mantelos en condicións óptimas de comodidade e seguridade para as persoas usuarias. Ademais, co obxectivo de mellorar a drenaxe lonxitudinal dos viarios, limparanse as cunetas existentes á vez que se perfilan os noiros co fin de mellorar a evacuación das augas pluviais.

As obras terán lugar camiños situados en Alemparte, Anseán, Alén - Anseán, O Outeiro - Barcia, O Porto e Ateán - Botos, Caxide - Busto, Cadrón, Cristimil, Nogueira, Plamaz - Casares, Pareizo - Cotarelo, Castro de Abaixo - Castro de Arriba, Méixome, Regoufe, Lamas - Noceda, Quintá - Palmou, Parada, As Casas Novas, O Seixo - Santiso, Barrio, Vistalegre - O Couto, Piñoi, A Saborida, Xesta e Lagazós.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.