Maria do Ceo ofrece este venres o seu espectáculo “Galicia nai” en Marín ao abeiro do programa “Musigal”

A Alameda Rosalía de Castro acollerá a actuación a partir das 21:00 horas no marco das festas patronais en honor á Virxe do Porto

07/09/2023

A cantante Maria do Ceo ofrecerá este venres 8 de setembro un concerto en Marín da man da Deputación de Pontevedra, no marco das festas patronais en honor á Virxe do Porto. A actuación, que terá lugar a partir das 21:00 horas na alameda de Rosalía de Castro, forma parte do calendario de actuacións do programa “Musigal”, posto en marcha pola Deputación para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e fomentar o uso e a normalización social da lingua.

Nada no Porto (Portugal) e afincada en Galicia, Maria do Ceo fai 25 anos de carreira musical neste 2023. Na súa extensa traxectoria acumula 17 discos no mercado, o máis recente publicado este mesmo ano baixo o título Galicia nai, un traballo comprometido coa lingua galega e coa violencia de xénero. Deste xeito, no concerto que ofrecerá en Marín a cantante interpretará poesías de autores galegos coma Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Armando González, Carvalho Calero, Xosé Velo, Manuel María ou Ramón Cabanillas acompañada dunha banda de catro músicos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.