Pelepau Sinfónico actúa este domingo en Moraña ao abeiro do programa da Deputación “Musigal”

O grupo vigués ofrecerá un concerto no marco da programación da LIV Festa do Carneiro ao Espeto no que porán en escena temas da tradición galega

29/07/2023

O grupo Pelepau actuará este domingo 30 de xullo, ás 20:00 horas, cun concerto na Carballeira de Santa Lucía en Moraña, ao abeiro do programa da Deputación de Pontevedra “Musigal”. A actuación enmárcase dentro da programación da LIV Festa do Carneiro ao Espeto e fusionará a música clásica con coñecidos temas do repertorio da música tradicional galega.

Pelepau naceu no ano 2010 co fin de adaptar temas de tradición galega para percusións e voces varias e está formado por 11 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego. Os instrumentos de percusión empregados polo grupo nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antigamente eran utensilios do día a día, como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteiro, etc., para, deste modo, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega. Teñen dous discos publicados, o primeiro, “Fío e Agulla” e un segundo, “Na beira”, publicado en 2020 e nacido do paralelismo entre a diferencia de culturas de Galicia e o Atlántico. 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 18 resultados.