Novas achegas do Plan Concellos por 1,6 millóns de euros para outros 6 municipios da provincia

As actuacións financiadas pola Deputación chegarán aos concellos de Vilagarcía, Marín, Gondomar, Baiona, Oia e A Estrada

08/04/2022

A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. Así, a Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 1.610.064 euros cos que se realizarán melloras en rúas e camiños de titularidade municipal, financiarase unha festa histórica ou construirase un skatepark nos concellos da Estrada, Vilagarcía, Marín, Gondomar, Baiona e Oia.

No marco da liña 1 de Investimentos foron aprobados recursos para Vilagarcía de Arousa, que contará con dúas achegas que suman 259.426 euros. Cunha delas, de 15.000 euros, levarse a cabo a segunda fase da mellora nas rúas de Doutor Tourón, Marxión e Urbanización O Piñeiriño e a outra, de 109.426 euros, empregarase para a construción do novo skatepark.

As achegas da liña 1 tamén chegarán ao sur da provincia con fondos para Gondomar, que contará con 76.708 euros para a mellora da pavimentación e rede de pluviais no entorno de Hervillas e Vincios, Baiona, 309.787 euros para a adecuación urbana e mellora de redes de servizos na rúa Carabela a Pinta, Oia, 77.963 euros para a mellora de camiños municipais e A Estrada, que contará con 814.084 euros para a sinalización direccional no rural.

Ademais, no marco da liña 2 foi aprobada unha achega de 72.096 euros para que Marín financie a Festa Corsaria 2022. Os municipios da provincia poden empregar esta liña do Plan Concellos, entre outras cuestións, para o gasto corrente na prestación de servizos municipais como os actos culturais ou deportivos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.