Reunión de Marta Fernández-Tapias co alcalde de Baiona

06/11/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, reuniuse co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e co presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, co obxectivo de avanzar en proxectos de colaboración entre as tres entidades. Concretamente, abordaron cuestións relacionadas coa Gala da Vela Galega, que está previsto que acolla proximamente o concello pontevedrés de Baiona.