Preto de 900 persoas participan esta fin de semana no programa da Deputación “En ruta coa Depo”

Veciñas e veciños de Arbo, Vigo, Cerdedo-Cotobade, Mos, Crecente, Salvaterra de Miño, O Rosal, Soutomaior, Pontevedra e Salceda de Caselas participan en 16 saídas para coñecer lugares singulares da provincia

24/08/2023

A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana 16 saídas no marco do programa provincial “En ruta coa Depo”, unha iniciativa que lles ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Arbo, Vigo, Cerdedo-Cotobade, Mos, Crecente, Salvaterra de Miño, O Rosal, Soutomaior, Pontevedra e Salceda de Caselas mobilizarán un total de 857 persoas (ata 54 cada unha) para coñecer emblemas da provincia, coma o mosteiro de Poio, a illa de Tambo, Combarro, as illas Cíes, o barrio mariñeiro do Berbés e os pendellos de Agolada e Vila de Cruces, ademais de poder coñecer a ría de Arousa en barco ou practicar caiac nas praias do Morrazo.

Este sábado 26 de agosto sairán oito entidades da provincia con “En ruta coa Depo”. Desde Vigo, a Asociación Cultural e Deportiva Xestas realizará unha ruta pola illa de Tambo, Combarro e o mosteiro de Poio, do mesmo xeito que a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Arbo. A Asociación Xaruma, tamén de Vigo, fará un percorrido pola ría de Arousa que inclúe unha degustación en barco e, no Grove, unha visita á illa da Toxa e ao Museo Salgadeiras de Moreiras. Esta ruta pola ría tamén a fará a Asociación Cultural e Deportiva Fioye2, de Salvaterra de Miño. A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereira (Mos) e a Comunidade de Usuarios de Freixo (Crecente) visitarán as illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés, en Vigo. A Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso de Mos visitará os pendellos de Agolada, a Casa-Museo A Solana de Piloño, a Fundación Xosé Neira Vilas e a igrexa de San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces). Por último, a Agrupación Musical do Rosal fará un percorrido en caiac pola costa do Morrazo (as praias de Liméns, Melide e Barra, Soavela, Cabo Home e o monte do Facho).

O domingo 27 de agosto outras oito entidades participarán no programa da Deputación. Á ruta pola ría de Arousa acudirán a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (ASOGAPEM) de Vigo e o Centro Cultural e Social de Herville de Mos. A Asociación de Mulleres Rurais Anduriña de Arcade (Soutomaior) e a Asociación Veciñal e Cultural de Cacheiro de Pontevedra visitarán A Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo (Sanxenxo). A Asociación Veciñal e Cultural San Martiño de Rebordelo de Cerdedo-Cotobade viaxará á illa de San Simón e ao Museo Meirande (Redondela), ao castelo de Soutomaior e a Ponte Sampaio (Pontevedra). A asociación de xubilados e pensionistas de Vigo AVOA fará a ruta da illa de Tambo e, por último, a Asociación de Veciñas e Veciños Ameixoa de Salceda de Caselas e mais a Asociación de Mulleres Creativas de Quireza de Cerdedo-Cotobade farán o percorrido polas illas Cíes e polo barrio do Berbés.

A través de “En ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra fomenta a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións da provincia. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas están financiadas ao 100 % co obxectivo de achega

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.