A Deputación axiliza a posta en marcha do programa “En ruta coa Depo” para o 2023

A Xunta de Goberno aproba el expediente para contratar a execución desta iniciativa, que ofrecerá o vindeiro 2023 un total de 20.000 prazas para que asociacións da provincia poidan realizar rutas por lugares emblemáticos

02/01/2023

Xunta de Goberno

A Deputación segue a dar pasos para acelerar a posta en marcha dos seus programas sociais con maior participación. Deste xeito, tras aprobar as bases reguladoras a principios de mes, a Xunta de Goberno provincial vén de dar luz verde ao expediente de contratación para licitar a posta en marcha da vindeira edición do 2023 do programa “En Ruta coa Depo”, que ofrece alternativas de ocio e tempo libre ás asociacións e entidades do territorio .

Para o vindeiro ano “En Ruta coa Depo” volverá ofrecer un total de 20.000 prazas, cun orzamento previsto de licitación de preto de 480.000 euros. Hai que lembrar que este é o programa con maior concorrencia dos ofertados pola institución, e desde a súa posta en marcha no ano 2016 participaron máis de 93.000 persoas.

En Ruta coa Depo” consiste en pasar un día de convivencia pola provincia a elixir entre 33 rutas que transcorren por lugares emblemáticos. Das citadas 20.000 prazas, 300 serán gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. O obxectivo é dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo e crear espazos de unión e convivencia, e neste caso con especial atención ás persoas con diversidade funcional.

As citadas 33 rutas están divididas en itinerarios temáticos, culturais, marítimos, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais. A novidade para o vindeiro ano será a ruta O Pobo Galaico, que transcorrerá por Pontevedra e Cuntis.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.