null Proxecto europeo- EP-9803 A Illa de Arousa

Urbanización e recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na avenida Castelao, EP-9803 (A Illa de Arousa)

  • Concellos:

    A Illa de Arousa

  • Acronimo:

    EP-9803 A Illa de Arousa

  • Programa:

    Programa DUS 5000 (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Axudas a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, convocatoria de 2022

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    IDAE

  • Data de inicio:

    19/05/2022

  • Data de fin:

    19/03/2023

  • Orzamento elixible Depo:

    957.836,43 €

  • Subvención concedida Depo:

    814.160,96 €

O obxecto desta actuación foi recuperar espazos para a estancia e a mobilidade peonil na avenida Castelao. O ámbito da actuación correspóndese co tramo da EP-9803 entre o embarcadoiro e o centro, que comunica a avenida da Ponte coa rúa do Calexón.

A obra supuxo unha reestruturación dos espazos para recuperar zonas de uso peonil. Executouse unha plataforma única ao mesmo nivel con preferencia peonil no tramo situado entre as interseccións coa rúa Corredoira do Rico e a rúa de Ramón Cabanillas, dunha lonxitude de 70 metros. O resto da actuación (410 metros) consistiu na execución dun carril central para tráfico rodado dotado de sistemas de calmado de tráfico e amplas sendas a ambos os dous lados.

Adicionalmente, adecuáronse as instalacións de drenaxe, saneamento, abastecemento, iluminación e telefonía, e colocáronse elementos de xardinería e mobiliario urbano.

Esta céntrica avenida converteuse, tras a actuación, nun espazo público con prioridade peonil, que permite a accesibilidade universal coas maiores garantías de seguridade viaria. A intervención seguiu un modelo transformador que ten en conta a protección dos colectivos máis vulnerables: viandantes, ciclistas e persoas con mobilidade reducida. Grazas a esta intervención conformouse unha contorna segura e tranquila que fomenta a convivencia de todos os sistemas de desprazamento e reparte de maneira equilibrada o espazo público.

A avenida de Castelao pasou de incumprir a normativa de accesibilidade, ao ter beirarrúas estreitas, e de estar dedicada na súa maioría ao vehículo motorizado, a ser un espazo público de calidade que cambia a prioridade ao tráfico peonil e garante a accesibilidade universal.

A actuación permite un aforro do consumo anual de enerxía primaria de 220,28 MWh ao ano.

Ligazóns de interese