null Proxecto europeo -Plan de sustentabilidade turistica deza

Plan de sustentabilidade turística en destino “Deza e Tabeirós–Terra de Montes, os camiños por dentro”

  • Concellos:

    Agolada

    Dozón

    Lalín

    Rodeiro

    Silleda

    Vila de Cruces

    Forcarei

  • Programa:

    Plans de sustentabilidade turística en destinos (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Convocatoria extraordinaria de 2021

  • Fondos:

    Next Generation

  • Data de inicio:

    01/01/2022

  • Data de fin:

    31/10/2025

  • Orzamento elixible Depo:

    2.069.000,00 €

  • Subvención concedida Depo:

    2.069.000,00 €

Proxecto para transformar o modelo turístico en Deza e Tabeirós-Terra de Montes para orientalo á sustentabilidade. Potenciará os recursos naturais e culturais do territorio para estruturar unha oferta atractiva e singular arredor dos valores paisaxísticos e patrimoniais nos camiños xacobeos da comarca. Con este plan acadarase unha maior permanencia das e dos viaxeiros e unha mellora na calidade da experiencia turística.

Mellorarase o aproveitamento dos recursos e das infraestruturas e activaranse novas iniciativas que garantan a posta en valor dos camiños xacobeos, que serán o fío condutor de produtos e actividades para visitantes con interese no ecoturismo, nunha experiencia de achegamento á identidade do territorio.

O plan xira arredor de catro eixes coas seguintes actuacións:

Transición verde:

  • Ecorruta Galicia por dentro
  • Áreas de descanso para peregrinas e peregrinos
  • Posta en valor da Rapa das Bestas

Eficiencia enerxética:

  • Intervencións de mellora da Vía da Prata
  •  Instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos
  • A peribici. Mobilidade sostible nos camiños xacobeos de Deza-Tabeirós a Santiago de Compostela

Transición dixital:

  • Sinalización turística intelixente e realización dunha guía de audio dixital (SmartGuide) dos recursos vinculados aos camiños de Santiago.
  • Museografía dixital dos mosteiros de Carboeiro e Aciveiro e experiencia dixital da Rapa das Bestas.
  • Comunicación dixital do Caminho da Geira e dos Arrieros e Miñoto Ribeiro.
  • Plan de mercadotecnia dixital, central de reservas e promoción do destino.
  • Formación sectorial.

Competitividade:

  • Singularización dos camiños de Santiago e impulso ao recoñecemento oficial.
  • Mesa de sustentabilidade turística e pacto local.
  • Apoio ao ente xestor: coordinación, avaliación e seguimento.

Novas relacionadas

Rapa das bestas

A Deputación culmina o Plan de Sustentabilidade Turística de Deza e Tabeirós-Terra de Montes con investimentos en patrimonio, innovación e mobilidade sostible

  30/06/2026

Luis López salienta o impulso de máis de 200.000€ da Deputación á Rapa das Bestas como emblema da aposta por un destino turístico sustentable e descentralizado

Luis López salienta o impulso de máis de 200.000€ da Deputación á Rapa das Bestas como emblema da aposta por un destino turístico sustentable e descentralizado

  19/06/2026

LUIS LOPEZ PLAN SUSTENTABILIDADE TURISTICA LALIN DEZA 15-06-2026

Luis López eloxia a colaboración con Lalín para investir case medio millón de euros na Casa de Don Álvaro, no impulso ao Cocido e no astroturismo

  15/06/2026

Logo deputacion pontevedra entrada

A Deputación destina preto de 18.000 € á posta en valor da senda turística da Fervenza do río Toxa en Silleda

  12/05/2026

XG ESTACIONS REPARACIONS BICICLETAS DEZA TERRA DE MONTES

A Deputación adxudica por valor de 110.000 € o contrato para instalar 15 estacións de reparación de bicicletas nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes

  10/04/2026

 XG CONVENIO FORCAREI ECORRUTA GALICIA POR DENTRO

A Deputación e o Concello de Forcarei destinarán 200.000 euros a poñer en valor as rutas vinculadas ao Camiño de Santiago ao seu paso pola vila

  01/04/2026

Luis Lopez na conferencia de prensa

A Deputación aproba un convenio co Concello de Lalín para dixitalizar as súas infraestruturas turísticas e museísticas

  20/03/2026

Luis Lopez na conferencia de prensa

A Deputación instalará 15 estacións de reparación de bicicletas nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes

  13/03/2026

Logo deputacion pontevedra entrada

A Deputación avanza no proxecto de posta en valor do “Campo do Medio” de Sabucedo, cun investimento de 110.000 €

  26/02/2026

estradas provinciais

A Deputación aproba o expediente para contratar a obra de mellora da accesibilidade na Vía da Prata ao seu paso polo Concello de Silleda, cun orzamento de 195.500 €

  18/11/2025

Luis López na rolda de prensa

Luis López anuncia a posta en marcha dunha plataforma turística Smartguide para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun investimento de preto de 200.000 €

  24/07/2025

rolda de prensa de Luis López

A Deputación adxudica por 130.000 € o servizo para poñer en marcha a nova plataforma museográfica virtual para promover a Rapa das Bestas de Sabucedo

  21/04/2025