Valor Extra

Mirar polas persoas e polos colectivos, mellorar a vida nos 61 concellos, levar a cultura a todos os recunchos, atraer e promover ideas e proxectos e facer que as Rías Baixas sexan o noso mellor tesouro.


Todo iso e moito máis é Valor Extra, unha maneira de entender o goberno e a administración da provincia de Pontevedra.

Un valor que nace da proximidade coas persoas e do traballo diario, e que se traduce en resultados e investimentos.

O Goberno provincial cumpre tres anos tendendo pontes cun modelo de xestión que consiste en escoitar, entender e atender, e que está a xerar valor e prosperidade para a provincia en todos os ámbitos. Máis de 7.100 actos organizados e 620 visitas aos concellos, 600 millóns de euros mobilizados en 2.000 obras para mellorar infraestruturas e equipamentos, 1.000 colectivos do tecido asociativo atendidos con axudas por 15 millóns de euros, 600 proxectos sociais apoiados, e un destino turístico que, por primeira vez, atrae xa máis turistas internacionais que nacionais.

Son só algunhas das magnitudes que está a producir este Valor Extra. Neste espazo tes dispoñible o vídeo e o acto íntegro de Valor Extra: Tres anos tendendo pontes, que tivo lugar no Pazo provincial, e podes coñecer o resultado da xestión de 1.095 días de mandato.

 

#ValorEXTRA

Luis López fai balance co seu goberno de tres anos de na Deputación: máis de 2.000 obras, 600 M€ mobilizados e un apoio sen precedentes a concellos e a colectivos veciñais

O presidente provincial e o seu equipo de deputados dan conta diante de alcaldes, institucións e representantes da sociedade civil dos principais fitos acadados neste mandato en áreas estratéxicas como o turismo, o deporte, a cultura ou a cooperación

Continuar lendo...

Acto íntegro de Valor Extra: Tres anos tendendo pontes

 

Novas

A Deputación impulsa a construción dunha ponte internacional entre Monçao e As Neves e capta fondos europeos por valor de preto de 4 millóns de euros para impulsar a cooperación transfronteiriza

A Deputación impulsa a construción dunha ponte internacional entre Monçao e As Neves e capta fondos europeos por valor de preto de 4 millóns de euros para impulsar a cooperación transfronteiriza

  21/07/2026

A Deputación distribúe 15 millóns de euros en tres anos para o fortalecemento do movemento asociativo, veciñal e das comunidades de augas da provincia

A Deputación distribúe 15 millóns de euros en tres anos para o fortalecemento do movemento asociativo, veciñal e das comunidades de augas da provincia

  21/07/2026

A Deputación impulsa a maior rede de apoio ao deporte da súa historia, con 30 M€ mobilizados para modernizar as infraestruturas deportivas e axudas que medran un 62%

A Deputación impulsa a maior rede de apoio ao deporte da súa historia, con 30 M€ mobilizados para modernizar as infraestruturas deportivas e axudas que medran un 62%

  20/07/2026

A Deputación amplía o marco de actuación en Igualdade nos tres anos de goberno, espallando actividades en todo o territorio “con todas e para todas”

  20/07/2026

VALOR EXTRA EMERXENCIAS

A Deputación remarca a mellora das condicións laborais do Consorcio Provincial de Emerxencias e a posta en marcha das primeiras axudas para agrupacións de Protección Civil

  19/07/2026

VALOR EXTRA TURISMO

A Deputación pon en valor o impulso á internacionalización e desestacionalización do destino Rías Baixas nos tres anos de goberno de Luis López

  19/07/2026

A Deputación incrementa en tres anos de goberno un 40% as axudas dirixidas ao sector do mar e agrogandeiro e adáptaas ás súas demandas

A Deputación incrementa en tres anos de goberno un 40% as axudas dirixidas ao sector do mar e agrogandeiro e adáptaas ás súas demandas

  16/07/2026

A Deputación convértese en aliada da mocidade, coa aprobación do I Plan Estratéxico de Xuventude e novos programas enfocados nas súas necesidades

A Deputación convértese en aliada da mocidade, coa aprobación do I Plan Estratéxico de Xuventude e novos programas enfocados nas súas necesidades

  16/07/2026

A Deputación impulsa a atención aos colectivos sociais en tres anos de goberno, con preto de 40.000 persoas participando nos programas sociais provinciais

A Deputación impulsa a atención aos colectivos sociais en tres anos de goberno, con preto de 40.000 persoas participando nos programas sociais provinciais

  15/07/2026

— 9 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 9 de 12 resultados.