Jorge Cubela López

Deputado de Reto demográfico, xuventude e desenvolvemento rural e cultura

Jorge Cubela López
Logo partido politico

Biografía

Naceu en 1989 en Cotobade.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Dereito Público.

Membro da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular.

Converteuse no alcalde máis novo de España en 2011 ao gañar as eleccións do seu concello, Cotobade, cargo que revalidou con maioría absoluta en 2015.

En novembro de 2016, tras a fusión dos municipios de Cerdedo e Cotobade, foi nomeado presidente da Comisión Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade.

Foi vogal do Consello Executivo da Fegamp desde 2015 ata 2019.

Nas eleccións municipais de 2019 converteuse no primeiro alcalde de Cerdedo-Cotobade, obtendo unha ampla maioría absoluta.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Xunta de Goberno
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego