Luis López expresa o apoio da Deputación para mellorar a contorna da estación de Pontecesures nunha obra valorada en medio millón de euros

O presidente do organismo provincial asinou este mércores o convenio de colaboración coa rexedora María Teresa Tocino nunha visita institucional ao Concello

08/11/2023

Luis López e María Teresa Tocino

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o Goberno provincial financiará con 347.741 euros, o 75 % do orzamento, as obras de acondicionamento da contorna da estación de ferrocarril de Pontecesures. O Concello, pola súa banda, achegará o 25 % restante (118.527 euros).

A obra, que conta cun importe total de 466.200 euros, consiste nunha mellora integral das rúas Estación, Rosalía de Castro e Castelao para mellorar a súa calidade urbana, dotalas dunha plataforma única con prioridade para a mobilidade peonil, ampliar beiravías e crear prazas públicas con mobiliario urbano e zonas verdes, así como reestruturar as zonas de aparcamento e aplicar medidas para o calmado de tráfico. “É un pracer asinar este convenio co Concello de Pontecesures en base ao cal executaremos unha importante mellora na contorna da estación”, sinalou o presidente Luis López, despois de asinar o acordo.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre a Deputación e o Concello de Tui realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor; unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo Goberno provincial se vexa reducido.

O mandatario provincial amosou a súa satisfacción pola posta en marcha dunha obra que recolle o espírito “municipalista” do Goberno provincial.  Un municipalismo que rexe non só a acción do executivo da provincia, senón que marca tamén o Orzamento do próximo ano, que presenta as contas máis altas da historia da Deputación. Dos 189,2 millóns de euros orzamentados, “un de cada tres euros destinaranse á cooperación directa cos concellos”, subliñou López e fixo referencia a programas coma o +Provincia, o maior plan de obras e servizos posto nunca en marcha polo Goberno provincial, ou o apoio aos municipios a través de plans extraordinarios coma o posto en marcha para mellorar as infraestruturas deportivas, dotado con 4 millóns de euros.

“En concellos coma o de Pontecesures sabemos que o papel que xoga a Deputación é clave para construír Pontecesures, pero tamén para construír unha provincia que vaia a máis”, rematou o presidente da Deputación.

Noticias relacionadas

{"classPK":6072360,"groupId":"37861","name":"Convenio_Sanxenxo.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este martes co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, un convenio de colaboración ","title":"Convenio_Sanxenxo.jpg","type":"document","uuid":"8ae9a212-8a0f-0688-0d11-6a66747be22c","fileEntryId":"6072360","resourcePrimKey":"6072384"}

Luis López remarca a cooperación entre a Deputación e o Concello de Sanxenxo para investir un millón de euros na transformación do campo de San Roque e o mirador da Peixeira

  21/11/2023

{"classPK":6066227,"groupId":"37861","name":"Estrada-pon2030.jpg","alt":"Luis López co alcalde da Estrada","title":"Estrada-pon2030.jpg","type":"document","uuid":"30da6d33-ffb0-5b33-94e8-76e86033e3f0","fileEntryId":"6066227","resourcePrimKey":"6066273"}

Luis López avanza o apoio da Deputación á construción dunha infraestrutura polideportiva na Estrada valorada en dous millóns de euros

  20/11/2023

{"classPK":6053042,"groupId":"37861","name":"visita-rodeiro-01.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e Jose Luis Camiñas alcalde de Rodeiro","title":"visita-rodeiro-01.jpg","type":"document","uuid":"1d89bf66-7c99-0e75-bf71-01a37a33fae5","fileEntryId":"6053042","resourcePrimKey":"6053084"}

Luis López anuncia un investimento de preto de medio millón de euros para a humanización da rúa B na súa primeira visita a Rodeiro como presidente da Deputación de Pontevedra

  16/11/2023

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.