Luis López destaca a aposta da Deputación pola colaboración coa construción dun novo paseo na Illa de Arousa por 440.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra visitou este mércores o municipio arousán para asinar co alcalde, Luis Arosa, un convenio enmarcado no programa “PON2030”

13/12/2023

Luis López e Luis Arosa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este mércores o Concello da Illa de Arousa para asinar co rexedor, Luis Arosa, un convenio de colaboración enmarcado no “Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (PON2030)”, a través do cal o Goberno provincial financiará con case 400.000 euros, o 90 % do orzamento, o proxecto para construír unha senda peonil no paseo naval desta vila. O Concello, pola súa banda, achega o 10 % restante, preto duns 45.000 euros. “Son proxectos que contribúen a que a provincia vaia a máis. O proxecto deste Concello, que ten unha ponte que é un dos lemas da nosa imaxe da Deputación, é outra mostra de que tendemos pontes con administracións claves, coma os municipios, e que tendemos pontes para proporcionarlles servizos de máis calidade, neste caso para as veciñas e veciños da Illa de Arousa”, declarou o mandatario provincial despois de asinar o acordo.

A obra, valorada en máis de 440.000 euros, servirá para a transformación integral deste paseo, unha arteria que conecta o centro administrativo da Illa de Arousa co pulmón do monte Palmeira, cunha reurbanización que permitirá gañar espazo de calidade para as peoas e os peóns, darlles prioridade aos desprazamentos a pé ou en bicicleta e consolidar novas zonas de descanso no bordo marítimo e na contorna da escola de Pau. Para conseguilo, o proxecto contempla a construción de novas beirarrúas e a ampliación das existentes, a implantación dun carril bici, a reordenación das áreas de aparcamento, a supresión dunha mediana que entorpece a mobilidade, a implantación de novos elementos vexetais, a instalación de mobiliario urbano novo e a renovación dos servizos subterráneos. Esta intervención pretende dinamizar a actividade turística e comercial da contorna, mellorará a calidade urbana, fomentará a eficiencia enerxética e reducirá o uso dos vehículos a motor.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello da Illa de Arousa realízase coa modificación das bases do programa “PON2030” xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións, sen que o montante concedido ao Concello polo Goberno provincial se vexa reducido.

O presidente da Deputación aproveitou a súa primeira visita institucional a este concello para resaltar a importancia deste tipo de proxectos “que serven para avanzar no municipalismo e que vai transformar un espazo coma o paseo naval para dinamizar a vida económica e social da Illa de Arousa”.

Novas relacionadas

{"classPK":6183749,"groupId":"37861","name":"20231812_PON2030_Baiona_03.jpg","alt":"Jesús Vázquez Almuíña e Luis López","title":"20231812_PON2030_Baiona_03.jpg","type":"document","uuid":"61c8ad77-5bdf-5b04-2b28-7ee8e432b020","fileEntryId":"6183749","resourcePrimKey":"6183650"}

Luis López ilustra a cooperación institucional da Deputación co investimento de 600.000 euros para recuperar unha praza histórica en Baiona

  18/12/2023

{"classPK":6173436,"groupId":"37861","name":"20231112_PON2030_Cerdedo-Cotobade.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela","title":"20231112_PON2030_Cerdedo-Cotobade.jpg","type":"document","uuid":"49518189-2381-016c-f716-b09852e20ba1","fileEntryId":"6173436","resourcePrimKey":"6173455"}

Luis López destaca a colaboración entre a Deputación e o Concello de Cerdedo-Cotobade para destinar 260.000 euros á mellora da imaxe e os servizos do núcleo dos Castros

  15/12/2023

{"classPK":6168367,"groupId":"37861","name":"20231112_PON2030_Ponteareas.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro","title":"20231112_PON2030_Ponteareas.jpg","type":"document","uuid":"15c0a206-b249-aa06-2fcb-0a50e26ce4b8","fileEntryId":"6168367","resourcePrimKey":"6168387"}

Luis López destaca o investimento de máis de 900.000 euros para a recuperación do espazo público da avenida da Constitución de Ponteareas

  14/12/2023

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.