O palacete das Mendoza acolle a exposición de pinturas e debuxos da artista viguesa Carla Zoni

O universo creativo da autora está presente na mostra “Lila”, que pode visitarse desde este venres 25 de agosto ata o domingo 10 de setembro

23/08/2023

Exposición Carla Zoni

A Deputación de Pontevedra abre ao público este venres 25 de agosto no palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, a exposición “Lila”, que amosa o traballo da artista viguesa Carla Zoni e que poderá visitarse ata o domingo 10 de setembro. A mostra está conformada por unha selección de obras dos primeiros anos da traxectoria desta creadora, con pinturas e debuxos que resumen o seu mundo creativo.

O título da mostra, “Lila”, significa en sánscrito o xogo sagrado da creación do universo e da vida por pura diversión. Deste xeito, Carla Zoni (nada en Vigo en 1993) sinala que a arte é o medio que a conecta coa diversión e co xogo, e ese enfoque lúdico está presente nos mundos e nos seres que amosa nas súas pezas, nas que aparecen formas orgánicas inspiradas na natureza, “que guía as miñas mans e esperta a esencia da vida en cada obra”.

A mostra estará aberta ata o próximo 10 de setembro no palacete das Mendoza (praza de Santa María, s/n, Pontevedra), de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos se poderá visitar en horario partido, de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.

videos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.