#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

HECTOR: GALEROCK 'N' MAGIC

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 70 MIN

  • Persoa representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis da compañia :

    O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais , falamos dun mago con espectáculos de rúa (co mo "O Afiador" ou "Alquimia" ) ou de gran formato para te atros ("A Maxia da Santa Compaña","Os anos 80","Íntimo" e "Ultreia , ao final do camiño estás ti") e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    GALEROCK AND MAGIC Tributo Máxico ao Rock Galego Galerock 'n' Magic, dirixido por Fran Rei, é unha experiencia única, grazas a música en directo e os xogos de maxia máis sorprendentes e divertidos creados para a ocasión. O Mago Teto, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive cos clásicos do rock galego. Galerock ´n´ Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas. Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor. GALEROCK´N´MAGIC somos: Maxias e idea orixinal: Teto Guitarra eléctrica e voces: Mr.Cool Baterista: Fer Risco Dirección artística: Fran Rei Técnico de iluminación e son: Javier Adán Ayude Audiovisual: Granero Video Fotográfia: RocioCibes Deseño gráfico: Carla Piñeiro "Labluetattoo" Composición e arranxos musicais: Ramón Orencio

  • Caché con IVE : 3000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3500.0 €

  • Técnica