#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MAGO TETO: O CAMIÑO DO AFIADOR

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis da compañia :

    O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais , falamos dun mago con espectáculos de rúa (co mo "O Afiador" ou "Alquimia" ) ou de gran formato para te atros ("A Maxia da Santa Compaña","Os anos 80","Íntimo" e "Ultreia , ao final do camiño estás ti") e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O CAMIÑO DO AFIADOR Un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo. Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continúo ida e volta e coas máis sorprendentes historias... O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas, nun show que pode representarse tanto en interior coma en exterior. FICHA ARTÍSTICA ELENCO: Mago Teto IDEA ORIXINAL: Héctor Guerra DIRECCIÓN: Héctor Guerra COLABORACIÓN ESPECIAL: Florencio de Arboiro ESCENOGRAFÍA: Ebanistería A Roda Duración 60 minutos. Para todos os públicos.

  • Caché con IVE : 1850.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica