#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MAGO TETO: PEQUENAS GRANDES MAXIAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis da compañia :

    O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais , falamos dun mago con espectáculos de rúa (co mo "O Afiador" ou "Alquimia" ) ou de gran formato para te atros ("A Maxia da Santa Compaña","Os anos 80","Íntimo" e "Ultreia , ao final do camiño estás ti") e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    PEQUENAS GRANDES MAXIAS é unha viaxe os soños do mago Teto. Soños enfocados directamente a mente dos públicos. Soños con elementos pequenos, como poden ser libros, móbiles, moedas, naipes… e incluso simplemente palabras e sombras pero sempre cun resultado máxico moi grande. Soños que farán ó espectador atravesar o espello do mundo real ao mundo da fantasía, tal cal Alicia, e sentir unha serie de emocións únicas e irrepetibles. Viaxes imposibles de elementos dos espectadores, ruletas rusas canto menos curiosas, predicións dos números dun sorteo de lotería moi peculiar, estranas coincidencias e incluso o intento por parte do mago de explicar algún xogo….son algúns dos soños que se poden ver nestos 75 minutos de maxia e humor da man do mago Teto, o seu show máis persoal e novidoso.

  • Caché con IVE : 1500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica