#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

42 NORTE: As peripecias de Xurxo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Malasombra Producións

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis da compañia :

    42 NORTE é unha compañía fundada no 2024, aínda que recolle os profesionais e espectáculos da antiga compañía A Laverca, esta fundada no ano 2014. A nova compañía segue al liñas de traballo da sua predecesora: creación de espectáculos tanto para público adultos como de infantil e público familiar.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Xurxo é un señor un pouco tardo, que vai a unha escola de señores e señoras na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias e ese é o motivo da súa presenza alí. Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos todo o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores - que curiosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público - . Esta historia que fala de malos tratos escolares, é o pretexto perfecto de presentación dun home namorado dos libros e dos contos que vén contar a estas nenas e nenos a historia de Rufus, un morcego cun emocionante periplo vital, a piques de morrer por querer ser diferente. Unha bonita reflexión que nos fai entender a importancia de valorar aos seres que nos rodean, polo seu interior e non pola súa apariencia externa.

  • Caché con IVE : 968.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1331.0 €

  • Técnica