#MOBILIDADE

FOTO ÁGORA

O espazo público en imaxes

O obxectivo do certame é reunir imaxes de calidade que dean a coñecer os dez principios da Rede Ágora baseados en poñer as persoas como eixe central de cada actuación de deseño urbano, facendo fincapé en que o espazo público "é un dereito da cidadanía ao mesmo nivel que a sanidade ou a educación por ser escenario da vida colectiva".


A Deputación de Pontevedra celebrou a entrega dos Premios Ágora de Fotografía sobre o Espazo Público #FOTOÁGORA nun dos máis significativos e relevantes actos da Rede Ágora como proxecto de defensa do espazo público para as persoas.

A gala desenvolveuse no exterior do Pazo provincial, no paseo da zona das Palmeiras, onde está a rampla de acceso para persoas con problemas de mobilidade, por considerar que esta debe ser a fachada principal do edificio, xa que é a máis democrática para o acceso. Alí recreouse un salón de estar e proxectáronse nunha pantalla de gran formato varios vídeos sobre o proceso de selección e unha creatividade coas imaxes gañadoras, e entregáronse os recoñecementos.

As persoas distinguidas segundo o ditame do xurado coñeceron nese momento cal era o galardón que lles correspondía, xa que ata entón –coa intención de manter a máxima expectación ata o último momento– só sabían que foran seleccionadas. Unha vez rematado o acto de entrega, abriuse ao público a exposición das imaxes nunha orixinal instalación creada para a ocasión dentro do vestíbulo do Pazo provincial.

Os Premios Ágora de Fotografía sobre o Espazo Público #FOTOÁGORA organizáronse desde o Departamento de Mobilidade e Espazo Público da Deputación co fin de difundir o modelo Ágora de mobilidade e calidade urbana dunha forma visual a través de imaxes das actuacións postas en marcha na provincia que cumprían coa filosofía de que o espazo público é un dereito. A convocatoria tivo unha grande acollida e presentáronse 297 fotografías realizadas por 62 persoas, tanto profesionais da fotografía coma afeccionadas.

O pasado mes de marzo o xurado, formado pola presidenta da Deputación –e o deputado Uxío Benítez como suplente–, a xornalista gráfica Mónica Patxot, o profesor da Universidade de Vigo Jorge Lens, a xefa do Servizo de Arquitectura, Carmen Gómez, e o asesor de Mobilidade, Jesús Fole, emitiu o seu fallo definitivo escollendo por unanimidade a totalidade dos 32 premios, dous principais, un premio por cada un dos principios Ágora, e 20 accésit, entre os que se repartiron os 40.000 € consignados para os galardóns.

Con esta iniciativa a Deputación quere dar a coñecer e divulgar de maneira extensiva as imaxes que se corresponden con cada un dos principios Ágora: O espazo público é un dereito das persoas; As persoas primeiro; Mobilidade inclusiva; Autonomía infantil; Mobilidades alternativas; Espazos seguros; Hábitat saudable; Espazos amables e de calidade; Actividade económica de proximidade; e Mobilidade sostible.

PREMIOS

Premios FotoÁgora

1.º PREMIO

Síntome un máis, fotografía feita na praia do Bao, na Illa de Arousa. Víctor Manuel Lorenzo Santiago, do concello de Marín

Premios FotoÁgora

2.º PREMIO

praza da Ferrería (Pontevedra). Francisco Javier Arcenillas Pérez, do concello de Alcobendas, en Madrid

Principios Ágora

Premios FotoÁgora

O espazo público é un dereito das persoas: Iago Manoel Souto Lorenzo, do concello de Ponte Caldelas

Premios FotoÁgora

As persoas primeiro: Mónica Vila Ferreirós, do concello de Vilanova de Arousa

Premios FotoÁgora

Mobilidade inclusiva: Rosi Pardal Aragunde, do concello de Valga

Premios FotoÁgora

Autonomía infantil: Rosi Pardal Aragunde, do concello de Valga

Premios FotoÁgora

Mobilidades alternativas: Mónica Vila Ferreirós, do concello de Vilanova de Arousa

Premios FotoÁgora

Espazos seguros: Héctor Rodríguez del Oro, do concello de Vilagarcía de Arousa

Premios FotoÁgora

Hábitat saudable: Gaspar Antonio González Somoza, do concello de Vilagarcía de Arousa

Premios FotoÁgora

Espazos amables e de calidade: Mónica Vila Ferreirós, do concello de Vilanova de Arousa

Premios FotoÁgora

Actividade económica de proximidade: Héctor Rodríguez del Oro

Premios FotoÁgora

Mobilidade sostible: Agustín Iglesias Otero, do concello de Lousame, na Coruña

ACCÉSIT

Premios FotoÁgora

Lento pero seguro: fotografía feita na avenida de Bos Aires en Pontevedra. Víctor Manuel Lorenzo Santiago, do concello de Marín

Premios FotoÁgora

Sentir a rúa: fotografía feita na rúa Virxe do Camiño en Pontevedra. Iago Manoel Souto Lourenzo, do concello de Ponte Caldelas

Premios FotoÁgora

Collemos todos: fotografía feita na rúa Valle Inclán de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Mónica Vila Ferreirós, do concello de Vilanova da Arousa

Premios FotoÁgora

Tarde e papaventos, fotografía feita en Catoira. Rosi Pardal Aragunde, do concello de Valga

Premios FotoÁgora

Come cocos, fotografía feita na avenida da Mariña en Vilagarcía de Arousa. Gaspar Antonio González Somoza, do concello de Vilagarcía de Arousa

Premios FotoÁgora

Fotografía feita na praza da Peregrina en Pontevedra. As persoas autoras son as integrantes do Centro de Día para Persoas con Discapacidade de Cogami en Monte Porreiro (Pontevedra)

Premios FotoÁgora

Xogos de contraluz: do concello de Vilanova da Arousa en Catoira. Rosi Pardal Aragunde, do concello de Valga

Premios FotoÁgora

Voando a Santa María: fotografía feita na praza de Santa María en Pontevedra. Elías Gómez Pérez, do concello de Cambados

Premios FotoÁgora

Na rúa sempre fixemos vida: fotografía feita na rúa San Roque de Combarro (Poio). Iago Manoel Souto Lourenzo, do concello de Ponte Caldelas

Premios FotoÁgora

Fotografía feita na rúa Montero Ríos con Marqués de Riestra en Pontevedra. Gonzalo Arnejo Meijueiro, do concello de Madrid

Premios FotoÁgora

Entre azuis: fotografía feita na ponte das Correntes en Pontevedra. Agustín Iglesias Otero, do concello de Lousame (A Coruña)

Premios FotoÁgora

Hora do paseo: fotografía feita na avenida de Bos Aires en Pontevedra. Cristina Saíz Abelleira, do concello de Pontevedra

Premios FotoÁgora

Relativismo: fotografía feita na cancha de baloncesto de San Antoniño en Barro. Héctor Rodríguez del Oro, do concello de Pontevedra

Premios FotoÁgora

Agora: fotografía feita na praza da Independencia en Vilagarcía de Arousa. Martina Oubiña Miser, do concello de Cambados

Premios FotoÁgora

Reencontros: Agustín Iglesias Otero, do concello de Lousame (A Coruña)

Premios FotoÁgora

A tea que atrapa, fotografía feita na rúa Conde Vallellano en Vilagarcía de Arousa. Ignacio Carlos Abella Diéguez, do concello de Vilagarcía de Arousa

Premios FotoÁgora

Rúa doméstica rururbana: fotografía feita en Moaña. Martín Barreiro Cruz, do concello de Moaña

Premios FotoÁgora

Fotografía feita na praza de abastos en Pontevedra. José Manuel Domínguez Ventín, do concello de Pontevedra

Premios FotoÁgora

Contigo: fotografía feita na senda da Ruta da Pedra e da Auga en Meis. Agustín Iglesias Otero, do concello de Lousame (A Coruña)

Premios FotoÁgora

Avanzando sen fumes: fotografía tomada no espazo público do porto deportivo de Vilagarcía de Arousa. Ana Gómez Ferreira, do concello do Grove

Gala Premios #FotoÁgora

BASES

A contía total dos premios ascende a un total de 40.000 euros, que se repartirán nun primeiro premio de 6.000 euros, nun segundo de 4.000 euros, unha recompensa de 2.000 euros para as mellores fotografías de cada unha das categorías referidas aos dez principios Ágora, así como outros vinte accésits de 500 euros.

As categorías nas que participar —cada persoa poderá entregar un máximo de cinco— correspóndense con cada un dos 10 principios que promulga a Rede Ágora, e premiaranse as fotografías sobre actuacións realizadas, exclusivamente, no espazo público da provincia de Pontevedra que mellor reflictan cada un deles: O espazo público é un dereito; As persoas primeiro; Mobilidade inclusiva; Autonomía infantil; Mobilidades alternativas; Espazos seguros; Hábitat saudable; Espazos amables e de calidade; Actividade económica de proximidade; e Mobilidade sustentable.

Valorarase a capacidade da fotografía para mostrar a importancia dos principios que rexen a Rede Ágora e tamén a calidade técnica da imaxe por parte de un xurado de persoas expertas.

Adiántanse aquí as bases do concurso, que serán publicadas en breve oficialmente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), para que profesionais —e tamén persoas afeccionadas— coñezan os requisitos e vaian tomando xa instantáneas coas que se presentaren ao certame desde o momento actual.

Ligazóns de interese

Noticias relacionadas

 
		Premios #FotoÁgora para as imaxes que amosan que as persoas deben ser as “propietarias” do espazo público

Premios #FotoÁgora para as imaxes que amosan que as persoas deben ser as “propietarias” do espazo público

Unha orixinal gala na fachada accesible do Pazo Provincial fixo entrega dos 32 galardóns que sumaron 40.000 euros

 
		Pleno en #FotoÁgora, que outorga por unanimidade os 40.000 euros en premios sobre os espazos públicos da provincia

Pleno en #FotoÁgora, que outorga por unanimidade os 40.000 euros en premios sobre os espazos públicos da provincia

Os nomes das persoas galardoadas daranse a coñecer a semana próxima logo de desencriptar os códigos das imaxes e de facer as comunicacións oficiais

 
		O xurado de #FotoÁgora, primeiro certame provincial de fotografía sobre o espazo público, analizará 297 imaxes para outorgar ata 40.000 euros en premios

O xurado de #FotoÁgora, primeiro certame provincial de fotografía sobre o espazo público, analizará 297 imaxes para outorgar ata 40.000 euros en premios

A xornalista gráfica Mónica Patxot, o profesor da UVigo Jorge Lens e representantes da Deputación buscan as 12 fotografías que mellor amosen os principios Agora