Música no ar
Espazos únicos que recenden historias. Melodías de música clásica facéndonos sentir en espazos colectores de memoria. Camiños xacobeos onde a pedra vivida se torna escenario para a corda, o vento, a percusión e a voz, traendo consigo a excelencia para o desfrute de toda a cidadanía. A música como parte ineludible do noso patrimonio, da nosa identidade cultural. E a experiencia estética como a mellor pegada na nosa cartografía emocional.
"Música no ar" é un ciclo de música clásica que nos fará viaxar a novos mundos imaxinarios a través da interpretación en lugares únicos: mosteiros, pazos, castelos e conxuntos patrimoniais. A través de pequenos grupos instrumentais e na compañía máxica da voz, nalgún caso, a música de cámara sae dos auditorios para achegarse a todos os públicos, intervindo novos (vellos) espazos nun desafío para todos os sentidos. Magníficas e magníficos profesionais que conflúen nas grandes orquestras da nosa provincia tornaranse protagonistas neste ciclo que aposta polo acceso democrático á cultura, levando a excelencia a cada recuncho do noso territorio.
Sempre en espazos abertos, que garantan a seguridade sanitaria e a distancia social, ao tempo que nos permitan volver a estar preto da música para facernos sentir xuntas e xuntos. Unha firme aposta pola música clásica e por todas as persoas que na nosa provincia se dedican, con gran talento e virtuosismo, á renovación do xénero, mais este ciclo tamén supón unha posta en valor por espazos patrimoniais únicos, onde a cultura, a historia e a música farán de cada evento un momento inesquecible.
"Música no ar" percorrerá, mediante 12 concertos, espazos de todas as comarcas da provincia, alén de dous espazos propios: os máxicos castelos de Soutomaior e de Sobroso.
Nestes momentos, cruciais para a nosa cultura, este programa da Deputación de Pontevedra pretende ser un revulsivo e un apoio á nosa música clásica, ofrecéndolle ao público a oportunidade de vivila en directo, en espazos con memoria, ao tempo que poñemos en valor as rutas xacobeas que percorren a nosa provincia: o Camiño Portugués, o Camiño Portugués da Costa e o Camiño de Inverno.
Unha memoria viva que segue a construír cada día, con cada paso, con cada vivencia. E, así, esta "Música no ar" impregnará a pedra destes espazos de algo que configura a nosa identidade, a nosa comunidade: novas experiencias culturais. Porque se algo caracteriza a humanidade é a cultura, e cada unha das persoas que habitamos o mundo somos entidades portadoras de identidade cultural.
Música no ar…
Que comece o espectáculo!
-
Prazas esgotadas
Orquestra Clásica de Vigo, orquestra de corda
Martes 28, 19:30 h -
Xoves 30, 21.00 h
-
Orquestra 430 de Vigo, cuarteto de corda clásico
Mércores 5, 20.00 h -
Xoves 6, 20.00 h -
Orquestra Clásica de Vigo, quinteto de corda
Venres 7, 21.00 h -
Orquestra Filharmónica de Pontevedra, quinteto de vento
Domingo 9, 20:00 h - Prazas esgotadas
Orquestra Filharmónica de Pontevedra, cuarteto de cordas e instrumentos de vento
Martes 11, 19.00 h -
Orquestra Filharmónica de Pontevedra, quinteto de metais
Venres 14, 19.00 h
-
Orquestra Clásica de Vigo, sección de percusión
(CALDAS DE REIS)
Xoves 3, 20.00 h -
Orquestra 430 de Vigo, cuarteto clásico de corda
Sábado 12, 19.00 h -
Orquestra 430 de Vigo, cuarteto clásico de corda
(no Auditorio V Centenario se chove)
Venres 18, 19.00 h -
Orquestra Clásica de Vigo, sección de percusión
(na nova Casa da Música se chove)
Sábado 19, 20.00 h -
Brais González & Beatriz Arenas
Sábado 28, 18.00 h -
Orquestra Filharmónica de Pontevedra, cuarteto de cordas e instrumentos de vento
(no Auditorio municipal se chove)
Sábado 26, 18.00 h
- CANCELADO
Brais González & Beatriz Arenas
Sábado 28, 18.00 h
- Todos os concertos teñen prazas limitadas, ata completar a capacidade máxima. Os concertos dos castelos de Soutomaior e Sobroso precisan de reserva previa en cultura@depo.es (máximo de 5 prazas por persoa). É necesaria confirmación.
- O público participante debe asistir con máscara.
- A Deputación de Pontevedra controlará a capacidade e os accesos, así como o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria segundo os protocolos vixentes.
Última modificación: xoves, 30 xullo 2020