Responsive Image

O proxecto de posta en marcha da Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC) da provincia de Pontevedra por parte da Deputación provincial é unha iniciativa mediante a cal esta institución tenta cumprir de forma eficiente co seu compromiso de apoio técnico aos concellos. Mediante esta oficina tecnolóxica, a Deputación de Pontevedra pretende centralizar e canalizar todos os servizos e as accións de soporte e asistencia aos concellos relacionados coas novas tecnoloxías, concretamente os referidos ás tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

Os destinatarios dos servizos que se recollen a continuación son os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Adecuación dos portais web

Servizo destinado ao deseño, á renovación e ao mantemento dos portais web municipais. Inclúese a adaptación técnica necesaria para garantir que estes cumpran coas normativas vixentes en accesibilidade, transparencia e protección de datos e promovan unha xestión sinxela e autónoma dos contidos. 

Máis información
Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Asesoramento e soporte na infraestrutura TIC

Servizo destinado a implementar e xestionar a infraestrutura tecnolóxica básica do concello, incluídos servidores, redes, almacenamento de datos, solucións na nube e sistemas de apoio que dean resposta e orientación nas consultas que xurdan.

Máis información
Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Control horario

Servizo integral destinado ao control horario e seguimento da xornada laboral do persoal empregado público municipal. Inclúe sistemas dixitais avanzados para o rexistro horario adaptados ás esixencias legais e normativas vixentes.

Máis información
Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Estandarización do posto de traballo dixital

Servizo orientado a implantar e xestionar escritorios remotos, como solución estandarizada para os postos de traballo municipais, que faciliten o acceso seguro e sinxelo ás aplicacións e aos recursos do concello desde calquera localización e aseguren a homoxeneidade tecnolóxica.

Máis información
Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Impresión e dixitalización

Servizo integral que ofrece solucións eficientes para a xestión da impresión, copia e dixitalización documental nos concellos. Inclúe a provisión, a configuración e o mantemento continuo de equipos multifuncionais, optimizando recursos mediante sistemas avanzados de monitorización e control de custos.

Máis información
Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Mantemento e infraestruturas TIC

Servizo de xestión, mantemento e supervisión das infraestruturas tecnolóxicas do concello, no que se inclúen centros de datos, redes, cablaxe estruturada, sistemas de alimentación ininterrompida e espazos técnicos. Garántese a dispoñibilidade, continuidade e seguridade dos recursos TIC.

Máis información
Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Software de la Policía local

Servizo orientado a apoiar os concellos na dotación e mellora de ferramentas dixitais específicas para a Policía local. Inclúe solucións para tramitar denuncias, controlar o tráfico, xestionar vehículos, comunicacións e interoperabilidade con outras administracións.

Máis información
Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Administración electrónica

Servizo destinado a implantar, optimizar e darlles soporte ás ferramentas de Administración electrónica municipal, e orientado a tramitar expedientes, xestionar notificacións, intercambiar datos con outras administracións e ofrecer servizos en liña áxiles, seguros e interoperables para a cidadanía en modo de software como servizo (SaaS, polas súas siglas en inglés).

Máis información
Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Corrección de exames

Servizo destinado a prestar soporte na realización dos procesos selectivos nos concellos mediante o apoio na organización das probas e na corrección dos exames, coa elaboración da documentación precisa e o desprazamento do persoal técnico.

Máis información
Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Padrón municipal de habitantes

Servizo dirixido a apoiar os concellos na xestión do padrón municipal de habitantes, asegurando o cumprimento da normativa vixente e a interoperabilidade co Instituto Nacional de Estatística (INE). Inclúe solucións técnicas e acompañamento funcional para manter un padrón actualizado.

Máis información
Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Xestión de espazos municipais

Servizo de xestión dixital da reserva e uso de instalacións municipais coma pavillóns, centros culturais, aulas, pistas deportivas, venda de entradas, entre outros, para mellorar a dispoñibilidade dos espazos públicos e a atención cidadá mediante sistemas en liña e automatizados.

Máis información
Eixe 3. Apoio técnico en licitacións

Soporte na redacción de pregos técnicos

Servizo de asesoramento especializado na redacción de pregos técnicos para contratacións relacionadas co ámbito tecnolóxico. Búscase garantir que os expedientes se axusten á normativa vixente e inclúan requisitos técnicos adecuados para favorecer unha contratación pública eficiente, segura e transparente.

Máis información
Eixe 3. Apoio técnico en licitacións

Soporte para a avaliación das ofertas

Servizo de asesoramento especializado para avaliar as ofertas presentadas en procedementos de contratación de servizos e solucións tecnolóxicas. O obxectivo é garantir unha análise rigorosa e obxectiva que axude a seleccionar a proposta máis axeitada.

Máis información
Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Centro de operacións de ciberseguridade para entidades locais

Servizo orientado a mellorar a protección dos sistemas municipais mediante a implantación progresiva dun centro de operacións de ciberseguridade a través do cal proporcionar ferramentas e servizos especializados para anticipar, detectar, protexer e responder ante incidencias, adaptado ao nivel de madurez de cada entidade local.

Máis información
Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Estratexia de IA e casos de uso

Servizo de apoio para a definición dunha estratexia de intelixencia artificial aplicada á Administración pública local e a posta en marcha progresiva de casos de uso de IA, garantindo un uso ético, seguro e orientado á mellora dos servizos públicos.

Máis información
Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Explotación e análise de datos

Servizo de apoio para desenvolver unha estratexia de análise de datos, identificando os datos dispoñibles no concello e asesorando na implantación dos casos de uso identificados, como, por exemplo, cadros de mando que faciliten a toma de decisións baseada en datos.

Máis información
Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Plan provincial de adecuación ao ENS

Servizo orientado a apoiar os concellos no proceso de adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS), no que se establecen os principios e requisitos necesarios para garantir a seguridade da información e dos servizos dixitais públicos.

Máis información
Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Simplificación de procedementos administrativos

Servizo de apoio para a análise, homoxeneización, simplificación, dixitalización e automatización de procedementos administrativos dos concellos, orientado a eliminar tarefas manuais, reducir tempos de tramitación e mellorar a eficiencia interna mediante o uso de ferramentas dixitais.

Máis información
Eixe 5. Oportunidades de financiamento

Identificación e captación de fondos

Servizo de apoio especializado aos concellos da provincia na identificación, planificación e captación de fondos autonómicos, estatais e europeos. Inclúe a definición dunha estratexia de financiamento coordinada a nivel provincial.

Máis información