#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

AS MAIMIÑAS

  • Persoa representante: ALVAREZ LAGO, IRENE

  • Datos de contacto: 657 532 341 - irenealvarezlago@gmail.com

  • Páxina web do grupo:

  • Breve currículo do grupo:

    As Maimiñas son Mai (Lucía Lago Fernández) e Miña (Irene Álvarez Lago), dúas rapazas mosenses que un día decidiron xuntarse para unir as dúas cousas que máis lle gustan no mundo: a música e os nenos. Desa unión xurdiron catro traballos musicais, os dous últimos publicados xunto coa Editorial Galaxia en forma de Conto-CD: “Unha viaxe polo mundo” e “Volta, revolta e reviravolta”. Desde entón As Maimiñas viaxan polo mundo enteiro facendo felices aos máis pequenos.

  • Descrición da proposta artística:

    Trátase dunha actividade didáctico-musical con música 100% en galego, titulada "Eu de maior non quero ser princesa”, un espectáculo musical que ensina ao público que cada un pode ser o que desexe, independentemente da súa orixe, raza, idade, sexo ou calquera outro tipo de circunstancia persoal. As Maimiñas, sempre a través de cancións e teatro, poñen ao público en diferentes situacións, onde a través da diversión achégao á diversidade de todo tipo. Os nenos están en todo momento en movemento, ben bailando ou ben seguindo e imitando as explicacións de As Maimiñas. Os pais poden acompañar durante toda a actuación aos nenos, así como participar activamente na mesma, xa que en diversos momentos soen ser requIridos para este fin. Os nenos desfrutan deste xeito ao ver implicados activamente aos seus pais. Trátase dun momento de diversión en familia.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    1.Equipo de son: 1.1. P.A. O recinto onde teña lugar a actuación estará dotado dun sistema de P.A. de rango completo, capaz de cubrir de xeito homoxéneo e sen distorsión todo o espazo ocupado polo público. 1.2. Mesa de control de P.A. Situada ao nivel da audiencia, centrada con respecto á boca do escenario e a unha distancia non superior a vinte metros. Disporá de ao menos catro canles de entrada, dúas para microfonía e dúas para línea, e dous envíos para monitores. 1.3. Monitores. Dous monitores idénticos dispostos na parte frontal do escenario. 1.4. Listaxe de canles. Canle Instrumento Micro/D.I./Línea Insert Send 1 Voz 1 Inalámbrico* Compresor 1 FX Reverb 2 Voz 2 Inalámbrico* Compresor 2 FX Reverb 3 CD L línea - - 4 CD R línea - 1.5. Proba de Son. As Maimiñas levan o seu propio Técnico de Son. Unha vez comprobado o correcto funcionamento e configuración do equipo, serán necesarios trinta minutos de proba. 2. Escenario. Para o desenvolvemento da actuación As Maimiñas precisan unha superficie aproximada de cinco metros de anchura por dous e medio de fondo, completamente plana, sen pendente e libre de obstáculos. Plano de escenario 3. Iluminación. Non hai requerimentos ou aditamentos especiais para o espectáculo. É suficiente cunha iluminación cálida e homoxénea de todo o escenario e que esta permita ás artistas ver claramente ao público.

  • Caché con IVE: 605.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 302.5 €

  • Redes sociais: As Maimiñas - YouTube