#CULTURA
Máis Música
Promoción da música galega e en galego
Catálogo de Grupos Musicais
276 resultados
- "Acunhados"
- "Xuntos pola Música"
- 9LOURO
- A BANDA DO ELÍAS
- A BANDA DO VERÁN
- A Banda da Balbina
- A GRAMOLA GOMINOLA
- A QUENLLA
- A RODA
- A Sombra dos Soños
- A banda da Loba
- A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
- ABRIL
- ABRIL Fado Atlántico
- ADHARA & RITMAN
- AILÁ
- ALANA
- ALFONSO MEDELA TRÍO
- ALFREDO SUSAVILA GRUPO TRADICIONAL
- AMILICIA BRAVÚ
- ANCESTROS
- ANDREA POUSA
- ANTÍA MUÍÑO
- ANXO ARAÚJO
- ARDENTÍA
- ARREDORES
- ARTÍSTICA E A BANDA 80
- ARiYLosMagrittes
- AS MAIMIÑAS
- AS NOSAS MUSICAS
- ASTAROT
- Abal&Bellas
- AcevedosDelgados
- Amoedo, Crespo & Jurado
- Antonio Luz
- Anxo Lorenzo
A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
Persoa representante: PIÑEIRO ALMUIÑA, RAMON
Datos de contacto: 698 167 425 - almuinha@folque.com
Páxina web do grupo: https://es.pablosanmamed.com/
-
Breve currículo do grupo:
A Estrela Mostrada é o novo proxecto liderado polo compositor, contrabaixista e director musical Pablo Sanmamed, continuidade natural do premiado Ben vennas Maio, programado en festivais e teatros de referencia e recoñecido pola crítica e o público. O sexteto reúne músicos de primeiro nivel internacional: a salterista madrileña Begoña Olavide, pioneira na interpretación medieval e arábigo-andalusí; a actriz e cantante Elena Tarrats, con carreira destacada no teatro, cinema, televisión e música contemporánea; o violagambista ferrolán Xurxo Varela, con actuacións en Nova York, Italia, Portugal, Francia e festivais internacionais de música antiga; o pianista Iago Mourinho, figura consolidada na escena galega do jazz; e o baterista Chus Pazos, formado en Musikene e cunha extensa traxectoria en formacións profesionais e masterclasses. Todos eles, xunto a Sanmamed, achegan carreiras individuais sólidas, máis de cen participacións discográficas, dirección escénica, colaboracións con compañías teatrais e audiovisuais, así como presenza en festivais como WOMAD, La Mar de Músicas, Heineken Jazzaldia, Festival de Jazz de Lugo, Porto, Segovia, Tenerife, Madrid ou Londres. A convivencia continuada desta formación xerou un son maduro, propio e recoñecible, que sitúa o proxecto como unha das propostas máis relevantes e singulares da creación musical galega actual.
-
Descrición da proposta artística:
A Estrela Mostrada propón unha viaxe musical na que a tradición medieval e o jazz contemporáneo dialogan con naturalidade, emoción e identidade propia. Inspirado nas cantigas galego-portuguesas e noutras tradicións históricas —occitana e arábigo-andalusí— o proxecto transforma este legado nunha proposta actual, accesible e intensamente expresiva. A música constrúese a partir de melodías seculares, palabra poética e espazos abertos á improvisación, onde o salterio, a viola de gamba, as voces, o piano, o contrabaixo e a percusión crean unha sonoridade única, equilibrada e plenamente contemporánea. A Estrela Mostrada reinterpreta a tradición como materia viva, abrindo un territorio sonoro no que o medieval, o jazz e a emoción conflúen para dar forma a unha experiencia artística única e inmersiva.
-
Necesidades técnicas e de producción:
Piano de cola (afinado) Rider canle instrumento mic/liña obsevacións 1 Bombo Akg 112 2 OH L AKG 414 3 OH R AKG 414 4 Contrabaixo Dpa 4099 bass Lévao o músico ( non precisa phantom ) 5 Micro Presentador ( contrabaixo) Shure sm 58 6 Piano Dpa 4060 7 Piano Dpa 4060 8 Piano Akg 414 9 Voz Elena Neumann KSM 104 Lévao o músico ( precisa phantom ) 10 Voz Xurxo SENNHEISER mD845 11 Viola de Gamba AKG CK91 12 Voz Begoña Shure sm 58 13 Salterio Shure Lévao o músico
Caché con IVE: 7440.0 €
Custo da producción técnica con IVE: 2750.0 €
Redes sociais: