#CULTURA
Máis Música
Promoción da música galega e en galego
Catálogo de Grupos Musicais
276 resultados
- "Acunhados"
- "Xuntos pola Música"
- 9LOURO
- A BANDA DO ELÍAS
- A BANDA DO VERÁN
- A Banda da Balbina
- A GRAMOLA GOMINOLA
- A QUENLLA
- A RODA
- A Sombra dos Soños
- A banda da Loba
- A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
- ABRIL
- ABRIL Fado Atlántico
- ADHARA & RITMAN
- AILÁ
- ALANA
- ALFONSO MEDELA TRÍO
- ALFREDO SUSAVILA GRUPO TRADICIONAL
- AMILICIA BRAVÚ
- ANCESTROS
- ANDREA POUSA
- ANTÍA MUÍÑO
- ANXO ARAÚJO
- ARDENTÍA
- ARREDORES
- ARTÍSTICA E A BANDA 80
- ARiYLosMagrittes
- AS MAIMIÑAS
- AS NOSAS MUSICAS
- ASTAROT
- Abal&Bellas
- AcevedosDelgados
- Amoedo, Crespo & Jurado
- Antonio Luz
- Anxo Lorenzo
AMILICIA BRAVÚ
Persoa representante: AMIL SERANTES, FRANCISCO
Datos de contacto: 638 600 297 - franamil@gmail.com
Páxina web do grupo: www.franamil.com
-
Breve currículo do grupo:
Amilicia Bravú xurde en 2023, cando estrea o seu repertorio no Festival VIII Cita coa Historia, celebrado en As Pontes de García Rodríguez. Amilicia Bravú é contratado polo concello de A Coruña para As Festas do barrio de Monte Alto, en setembro de 2023.
-
Descrición da proposta artística:
O Rock Bravú é o movemento de música galega contemporánea máis salientable e coñecido. Naceu no ano 1994 con bandas como Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Os Papaqueixos, O Caimán do Río Tea, etc. O Rock Bravú inundou a televisión e radio da época, con trascendencia no programa de emisión infantil “Xabarín Club”. No ano 2024 celebramos o XXX aniversario do nacemento do Rock Bravú, coa banda AMILICIA BRAVÚ, grupo formado polo batería Fran Amil, un dos creadores do Rock Bravú. Cun concerto cheo de himnos xeracionais das bandas que participaron no movemento Bravú e bandas que seguiron a estela do movemento, AMILICIA BRAVÚ, é a banda sonora do noso pasado recente. Nalgunha destas bandas o propio Fran Amil foi batería e cantante, como Os Papaqueixos, Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe Ruxe, Tres Trebóns, Ulträqäns, Banda Fura Fura ou Ondas Martenot, entre outras. Un retorno sublime aos anos 90, coa potencia que Fran Amil imprime a todos os seus traballos. Unha proposta para públicos nostálxicos dun tempo marabilloso das nosas vidas. AMILICIA BRAVÚ.
-
Necesidades técnicas e de producción:
AMILICIA BRAVÚ – 2024 Contacto: franamil@gmail.com / 638-600-297 (Fran Amil) D. Rider técnico Plano de escenario de AMILICIA BRAVÚ 2024: Escenario: 10 x 8 metros, con rampa de acceso a escenario. Para escenario: 3 monitores de escenario de dúas vías, mesma marca e modelo (para saxo soprano, colabos e guitarrista).- 2 monitores in-ear (para teclista e baixista). De non habelos, empregariamos 5 monitores de escenario de dúas vías, mesma marca e modelo - 1 sistema de monitor “drumfill” para batería (full range), de 500 W. - Procesado e cableado preciso para 6 envíos e EQ independente. - 1 CUE + MONITOR mesmas características para técnico de monitores. - 1 técnico de monitores con experiencia. - 2 tarimas móviles de 1X2 m /40-60cm de altura tipo ROSCO para batería. - Caixa negra en escenario e control de monitores oculto tras patas negras. Botellines de auga en suficiente cantidade para músicos e técnicos (durante proba de son e actuación). En camerino: 6 kg. de Froitas variadas (de temporada; se é posible, preferentemente: mazás, peras, laranxas e plátanos) e 1 kg. de froitos secos variados (se é posible, preferentemente: améndoas e avelás) e 6 litros de auga mineral. Músicos: Iría Iglesias - Teclista e coros. Iván Bernárdez - Baixo eléctrico e coros. Dubi Méndez – Saxo alto e frauta traveseira. Ismael Marcos – Gaita e saxo tenor. Jacobo Sainz - Guitarra eléctrica e coros. Fran Amil - Batería e voz principalLISTADO DE CANLES 1 Bombo Shure beta 52A 2 Caixa arriba Shure sm 57 3 Caixa abaixo Shure sm 57 4 Charles AKG HIPER 5 Timbal 1 Shure sm 57 6 Timbal 2 Shure sm 57 7 Pratos L Akg 414 8 Pratos R Akg 414 9 Baixo 1 XLR 10 Guit eléctrica Shure sm 57 11 Teclado L XLR 2 Teclado R XLR 13 Gaita Senheisser 441, Shure 58 Beta ou similar 14 Saxo tenor micro pinza 15 Saxo alto micro pinza 16 Frauta traveseira Shure SM57 beta ou similar 17 Voz Batería (principal) micro diadema (preferentemente) ou Shure SM58 ou Shure SM56 18 Coro Teclista Shure sm 58 19 Coro Guitarrista Shure sm 58 20 Coro Baixista Shure sm 58 21 22 Micro chequeo Shire SM58 6 envíos de monitores 3 monitores iguais de 300 W mínimo; 2 sistemas in-ear (teclista e baixista; se non hai in-ear será preciso poñer 5 monitores iguais de 300W) e un drumfield de 500 W 6 compresores Klarl Teknik DBX Rever 1 Lexicon TC Rever 2 Lexicon TC Mesa de son Mesa profesional analóxica ou dixital
Caché con IVE: 3399.0 €
Custo da producción técnica con IVE: 1900.0 €
Redes sociais: https://franamil.com/amilicia-bravu ; https://www.youtube.com/watch?v=HJBrSMV-1IY