#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

A banda da Loba

  • Persoa representante: MAREQUE MARTÍNEZ, ELENA

  • Datos de contacto: 686 679 897 - info@seispes.com

  • Páxina web do grupo: https://abandadaloba.gal/

  • Breve currículo do grupo:

    En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, co que acadaron un gran éxito, dando máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio. Trala boa experiencia na primeira toma de contacto como banda, a finais de 2019 presentan “Fábrica de luz”, co que foron finalistas nos Premios MIN na categoría de mellor disco en lingua galega: Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz. No 2021 estrean "Hasme oír", un EP dedicado a Xela Arias composto por catro cancións baseadas na obra da autora e que se titulan como os seus catro poemarios publicados: "Tigres coma cabalos", "Intempériome", "Denuncia do equilibrio" e "Darío a diario". O fío conductor que as une... interludios musicais con versos recitados da mesma autora. Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nese difícil período e, unha vez rematado, publica "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. A finais de 2023 despiden entre amizades a xira de Xabón Lagarta en Compostela e retíranse dos escenarios durante un ano no que conciben “Lovismo” e publican tres sinxelos: “Un pelouro que roda”, cun poema de Rosalía de Castro; e “Cruel filosofía” e “E o mar”, con letras de Luísa Villalta. En 2025 chega “Lovismo”, un proxecto que contou no seu desenvolvemento co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e que seguirán levando polos escenarios galegos en 2026.

  • Descrición da proposta artística:

    A banda da Loba continúa a súa xira Lovismo, o espectáculo que leva ao directo o seu último disco, publicado en 2025 da man de Arturo Vaquero. Sen abandonaren o seu característico estilo calidoscópico, fálannos de diferentes tipos de amor a través da bachata, o pop ou a música disco, sen deixar de lado a inspiración literaria da que sempre botan man e reivindican. A banda está integrada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Paula Rego (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra). ABDL é compromiso, reivindicación e fusión a través dunha música moi diversa e, ao mesmo tempo, moi característica, que encaixa con todo tipo de público.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    Segundo o rider adxunto.

  • Caché con IVE: 5445.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 3025.0 €

  • Redes sociais: https://www.youtube.com/@AbandadaLoba https://www.facebook.com/abandadaloba https://www.instagram.com/abandadaloba/ https://open.spotify.com/artist/0CDzdr8pmN623ifZ9oEuVH