#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

A BANDA DO VERÁN

  • Persoa representante: CURIEL ARES, JUAN ALFONSO

  • Datos de contacto: 658 263 199 - xoancurielxestion@gmail.com

  • Páxina web do grupo: https://xoancuriel.wixsite.com/abandadoveran

  • Breve currículo do grupo:

    A Banda do Verán é un proxecto musical infantil galego conformado por artistas profesionais que destacan pola súa ampla experiencia escénica e didáctica na música, na danza e no teatro infantil. Os seus espectáculos destacan por ser integramente en galego; por ter unha gran calidade musical e orixinalidade e tamén pola participación activa de nenas, nenos e familias. Dende hai mais dunha década, a Banda do Verán, percorre toda a xeografía galega e portuguesa con 5 espectáculos e tamén con varios libro-discos editados con Galaxia. Reciben nomeacións a nivel galego e estatal e premios coma os VI Premios Martín Códax na categoría de Música Infantil e o premio Frei Martin Sarmiento que fallan e deciden os propios escolares.

  • Descrición da proposta artística:

    A CASA DO TERROR - Neste concerto viviremos situacións terrorificamente divertidas con personaxes peculiares como as pulgas sombis, o lobolover, o monstro da lavadora... e moitos máis. A temática do terror é abordada dun xeito divertido neste show moi dinámico feito con cancións, moooitos bailes e a participación activa do público asistente, xunto con certos elementos teatrais e de clown que fían a historia. Ligado a estética e imaxinarios da Bola de Cristal, a Familia Adams,Scooby-Doo... visitaremos co público a casa, que ata ten un circo! Un universo moi rockeiro, dinámico e orixinal. Unha enerxía irresistible tanto para miúdos/as como maiores co recoñecemento de crítica e público. A Casa do Terror é tamén un libro-cd editado pola editorial Galaxia. Xoán Curiel e a Banda do Verán gañan con A Casa do Terror os VI Premios Martín Codax na categoría de Música Infantil e os Premios Frei Martin Sarmiento na mesma categoría.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    - Espectáculo para interior ou exterior. - Medidas mínimas do escenario: 6m ancho x 5m fondo. - Dispoñemos de equipo de son e luces para un aforo de 300-400 persoas. Consultar en caso de precisar cubrir mais aforo. - Acometida monofásica de 3680 watios con toma de terra. Conexion Schuko.

  • Caché con IVE: 2450.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 990.0 €

  • Redes sociais: Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC0DImW7gXDzp_TFahw1FnEQ /// Facebook: https://www.facebook.com/abandadoveran/ //// Instagram: https://www.instagram.com/abandadoveran/?hl=es