#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

A QUENLLA

  • Persoa representante: SAAVEDRA LOPEZ-SANCHO, JOSE FRANCISCO

  • Datos de contacto: 629 357 984 - josefrsaa@yahoo.es

  • Páxina web do grupo: https://musicarte.gal/artistas/a-quenlla/

  • Breve currículo do grupo:

    A Quenlla créase no ano de 1984 por dous membros fundadores e escindidos do grupo Fuxan Os Ventos que deixaran no ano 82. Ao longo da súa traxectoria de concertos e gravacións, con distintas formacións evolutivas, contan con traballos e proxectos levados a cabo para a dinamización da cultura tradicional e de autor dentro dos vieiros da nosa música. Ao longo dos anos foron moitos os concertos, charlas didácticas e encontros levados adiante por un grupo de mulleres e homes que tiñan a teima da concienciación social na honra e orgullos do Noso.

  • Descrición da proposta artística:

    Co paso do tempo gravamos máis dunha vintena de discos e monografías de autores ou de carácter educativo sobre o Nadal, sobre os prexuízos da droga, sobre a Música na Escola, sobre Os Irmandiños, sobre o Nacionalismo Galego partindo do seu Manifesto de Lugo e cos vídeos correspondentes e libros conmemorativos, sobre a Memoria Histórica, sobre a Poesía de Posguerra, dos Silenciados/as, dos Fuxidos e Escapados, dos Señores/as da Palabra, e Memoria de autores (Manuel María, Díaz Castro), un Chill Out Celta, sobre distintos autores e autoras galegas de fidelidade, rigor e de limpa traxectoria. Nalgúns casos apoiados por vídeos e imaxes do contexto. Autores como Rosalía de Castro, Cunqueiro, Xosé Mª Díaz Castro, Manuel María, Marica Campo, Fiz Vergara, Neira Vilas, Darío Xohán Cabana, Luz Pozo, ... e aínda así seguen envoltos en varios proxectos que nos parecen moi ilusionantes.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    Documento Anexado

  • Caché con IVE: 3750.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 1200.0 €

  • Redes sociais: España