#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

A Banda da Balbina

  • Persoa representante: PAISAL OUTEIRAL, ENRIQUETA

  • Datos de contacto: 655 700 626 - info@sonaxe.com

  • Páxina web do grupo:

  • Breve currículo do grupo:

    Alá polo maio de 2008 naceu a “Estomballada”, e con ela A Banda da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio das Orquestras Galegas. Un ano máis tarde, a Balbina pariu “O Fillo do Mar”, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apolohit. Co empuxón deste premio o grupo comeza a súa andaina polas festas-concertos de toda Galicia, levando sempre boa música en galego e moita festa. A Balbina canta e conta historias. Historias que son nosas e comúns nas 4 provincias de Galicia. Dende o inicio mantén unha proposta clara: música e letras orixinais 100% en lingua galega. Creación que mistura ritmos festeiros e unha retranca propia do país ca musicalidade da língua galega. Historias que nacen no rural, de personaxes extraordinariamente cotiáns. Historias que merecen ser contadas e musicalizadas.

  • Descrición da proposta artística:

    A traxectoria da banda reflicte unha visión de Galica en feminino. En tódolos traballos está moi presente a temática da Muller como fío conductor de tódalas historias, incorporando temas tan importantes como a muller no rural na “Estomballada”, incluíndo estereotipos sociais como “Balbina a bailadora” ou “A Conacheira”. Atrevéndose mesmo a musicar a poesía do referente por excelencia da muller galega, Rosalía De Castro “Cantar cantei”, co que alcanzan un novo premio, Premio Cantalingua 2013, ou tratando personaxes mítico-históricos como a bandoleira “Pepa a Loba”. Sempre tratando o papel feminino na sociedade galega con carácter distendido, insuflando un toque pícaro-humorístico e unha gran dose de retranca. Ó longo deste tempo aumentamos a familia, xa que fomos sumando festeiros e festeiras alá por onde íamos. O resumo de todo é que a Balbina ama a súa xente e a súa xente bótaa de menos. A Banda Da Balbina fai música porque lle sae e lle presta, con ese sentido do humor, e os ritmos que nos definen, música para o noso gusto e disfrute, e si ademais facemos que ti o goces e o disfrutes tamén...

  • Necesidades técnicas e de producción:

    Adxunto

  • Caché con IVE: 3388.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 2178.0 €

  • Redes sociais: