#CULTURA
Máis Música
Promoción da música galega e en galego
Catálogo de Grupos Musicais
276 resultados
- "Acunhados"
- "Xuntos pola Música"
- 9LOURO
- A BANDA DO ELÍAS
- A BANDA DO VERÁN
- A Banda da Balbina
- A GRAMOLA GOMINOLA
- A QUENLLA
- A RODA
- A Sombra dos Soños
- A banda da Loba
- A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
- ABRIL
- ABRIL Fado Atlántico
- ADHARA & RITMAN
- AILÁ
- ALANA
- ALFONSO MEDELA TRÍO
- ALFREDO SUSAVILA GRUPO TRADICIONAL
- AMILICIA BRAVÚ
- ANCESTROS
- ANDREA POUSA
- ANTÍA MUÍÑO
- ANXO ARAÚJO
- ARDENTÍA
- ARREDORES
- ARTÍSTICA E A BANDA 80
- ARiYLosMagrittes
- AS MAIMIÑAS
- AS NOSAS MUSICAS
- ASTAROT
- Abal&Bellas
- AcevedosDelgados
- Amoedo, Crespo & Jurado
- Antonio Luz
- Anxo Lorenzo
ANTÍA MUÍÑO
Persoa representante: OTERO MARTÍN, RUBEN
Datos de contacto: 666 653 835 - otero@luneda.gal
Páxina web do grupo: https://www.luneda.gal/artistas/antia-muino/
-
Breve currículo do grupo:
Antía Muíño converteuse nunha das revelacións da nova canción galega cando só contaba cun par de sinxelos publicados. “Carta Aberta”, o seu álbum debut editado por Raso, ten case 2 millóns de reproducións e ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022. Ese mesmo ano, foi recoñecida nos Premios Martín Códax da Música como mellor artista emerxente. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada pola máxica voz de Antía. Na súa aínda curta carreira, actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid) ou Visa for Music (Marrocos), entre moitos outros, e colaborou con artistas como Xabier Díaz ou Las Migas. Na actualidade, Antía Muíño forma tamén parte da banda de Baiuca, xirando con este proxecto polos mellores festivais de Europa.
-
Descrición da proposta artística:
A súa máxica voz converteuna axiña nunha das revelacións da nova canción galega. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada. Mentras prepara o seu vindeiro disco, nesta xira presenta novas cancións que completan o repertorio do seu aplaudido “Carta Aberta”. Ao vivo, Antía intercala a intimidade das súas autorías coa potencia do canto tradicional, acompañada por Miguel Arribas ao saxo, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo.
-
Necesidades técnicas e de producción:
RIDER ANEXO
Caché con IVE: 4840.0 €
Custo da producción técnica con IVE: 3388.0 €
Redes sociais: https://www.instagram.com/antia.musan/