#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

Amoedo, Crespo & Jurado

  • Persoa representante: GARCIA BERNARDEZ, PURIFICACION

  • Datos de contacto: 661 418 228 - purigarcia@dosacordes.es

  • Páxina web do grupo:

  • Breve currículo do grupo:

    O dúo formado por Loli Crespo (soprano) e Alejo Amoedo (piano) conta cunha dilatada formación musical e unha gran experiencia na interpretación de obras de compositores galegos. Na actualidade, Loli Crespo é soprano solista do Coro da Capela da Catedral de Santiago de Compostela e do Orfeón Terra a Nosa e colabora habitualmente co Coro Universitario de Santiago de Compostela e co Coro Universitario do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Alejo Amoedo é un dos integrantes do colectivo cultural Pertenza; asesor da Fundación Reveriano Soutullo Otero e membro fundador da Irmandade da Música Galega, asociación que ten como obxectivo a preservación e divulgación da música da nosa rexión. Recentemente foi galardoado co «Premio da Crítica de Galicia» (2021) e co «Premio da Música Gregorio Baudot» (2022), este último concedido pola Sociedade Artística Ferrolana. Ata a data, publicaron xuntos dous importantes traballos discográficos: «Saudades d'alborada» e «Non meu peito…». Con motivo do lanzamento do seu primeiro disco, «Saudades d'alborada», protagonizaron numerosas actuacións en distintos puntos da xeografía galega. A estes artistas súmase Javier Jurado, doutor en Humanidades (UR) e doutor en Didácticas Específicas (UdC), quen investiga sobre compositores galegos de transición entre os séculos XIX e XX e sobre a zarzuela en Galicia.

  • Descrición da proposta artística:

    O concerto-presentación do CD «No meu peito…» é un percorrido lírico pola balada e a zarzuela galega. O piano e a voz constitúen as liñas condutoras do concerto, posto que tamén o son destes xéneros. A interpretación está ilustrada polo investigador e musicólogo Dr. e Dr. Javier Jurado, que presenta cada obra e proxecta imaxes e datos, máis a letra do poema cantado, previamente á súa interpretación por parte da soprano Loli Crespo e o pianista Dr. Alejo Amoedo. O recital resulta ser así moito máis ameno e pon en valor os xéneros interpretados; unha oportunidade única para promocionar e visibilizar a cultura galega a través de textos e músicas dalgúns dos seus máximos expoñentes.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    Para o concerto, será imprescindible alugar un piano. Tamén se necesitará un proxector e unha pantalla para a explicación previa.

  • Caché con IVE: 1815.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 3025.0 €

  • Redes sociais: