#CULTURA
Máis Música
Promoción da música galega e en galego
Catálogo de Grupos Musicais
276 resultados
- "Acunhados"
- "Xuntos pola Música"
- 9LOURO
- A BANDA DO ELÍAS
- A BANDA DO VERÁN
- A Banda da Balbina
- A GRAMOLA GOMINOLA
- A QUENLLA
- A RODA
- A Sombra dos Soños
- A banda da Loba
- A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
- ABRIL
- ABRIL Fado Atlántico
- ADHARA & RITMAN
- AILÁ
- ALANA
- ALFONSO MEDELA TRÍO
- ALFREDO SUSAVILA GRUPO TRADICIONAL
- AMILICIA BRAVÚ
- ANCESTROS
- ANDREA POUSA
- ANTÍA MUÍÑO
- ANXO ARAÚJO
- ARDENTÍA
- ARREDORES
- ARTÍSTICA E A BANDA 80
- ARiYLosMagrittes
- AS MAIMIÑAS
- AS NOSAS MUSICAS
- ASTAROT
- Abal&Bellas
- AcevedosDelgados
- Amoedo, Crespo & Jurado
- Antonio Luz
- Anxo Lorenzo
ABRIL Fado Atlántico
Persoa representante: VARELA ADZEMIAN, GUILLERMO DANIEL
Datos de contacto: 647 812 507 - daniel.adzemian@gmil.com
Páxina web do grupo: https://www.abrilfadoatlantico.es/
-
Breve currículo do grupo:
ABRIL Fado Atlántico é un proxecto musical de fado nado en Ferrolterra no ano 2007. O seu carácter é aberto, xa que, ademais do fado tradicional portugués, nel teñen cabida o tango, o choro brasileiro ou outras músicas atlánticas, interpretadas sempre coa instrumentación típica do fado. Daniel Adzemian (guitarra portuguesa), guitarrista arxentino, é a alma mater do proxecto, no que destacan tanto os seus arranxos como as súas composicións. Foron varios os artistas que colaboraron co grupo, salientando o labor de José Calabuig (guitarra clásica) e da cantante Noelia Santos, voz principal do primeiro traballo discográfico de ABRIL Fado Atlántico, chamado “Pazo da Merced”. Tamén compartiron escenario con ABRIL o fadista portugués Emanuel Soares, que actúa asiduamente nas casas de fado de Lisboa, e a fadista de Viseu Mara Pedro, coa que o grupo gravou o CD “Fado: alma do mundo”, con arranxos e composicións de Daniel Adzemian e textos de poetas portugueses como Isidoro Cavaco ou Mário Rainho, así como da poeta ferrolá Aurora Varela. O grupo ten tres traballos discográficos editados: 1. Pazo da Merced 2. Lonxe de Lisboa – feito integramente en galego 3. Silencios Destaca a participación da cantante Sara de Sousa, que actuou en diversos escenarios do Porto e doutras localidades do norte de Portugal. Javier Moreno, experimentado guitarrista de formación clásica (viola de fado), completa a formación de ABRIL Fado Atlántico.
-
Descrición da proposta artística:
Proxecto musical de fado con carácter aberto, no cal teñen cabida outrasmúsicas atlánticas ademais das puramente clásicas e do fado tradicional, interpretadas sempre coa instrumentación típica do fado portugués. O grupo interpreta un 75 ou 80 % de repertorio propio —composicións e arranxos— con letras de autores galegos e portugueses, ademais dalgunhas versións de músicas diversas adaptadas ao galego con son de fado. “Lonxe de Lisboa”, editado a finais de 2023, está cantado integramente en galego, con oito músicas propias sobre textos de diversos poetas galegos —incluída a voz do grupo, Sara de Sousa— e portugueses, e dúas versións arranxadas e adaptadas por Daniel Adzemian (guitarrista e director do proxecto). “Silencios” é un álbum de catro cancións editado en 2025, con tres temas propios —un instrumental e dous en galego, con música de Daniel Adzemian e letras de Adzemian e Sara de Sousa— e un arranxo en portugués da canción “La Bohème”, de Charles Aznavour.
-
Necesidades técnicas e de producción:
Folla de ruta O grupo actúa con un equipo de son contratado, en caso de aportalo a entidade contratante, consultar rider. Duas tomas de corrente para o equipo Dúas cadeiras estándar, sen repousabrazos (imprescindible) Un taburete alto. Palco de aproximadamente 10 x 4 metros, debidamente cuberto. Un espazo para estar e cambiarse, e katering básico para 3 persoas (dieta normal) e para 1 persoa con celíaca. Auga no palco. E convinte para o grupo ter unha praza de aparcamento preestablecida para unha furgoneta o máis preto posible do palco. O grupo necesita entre unha hora e media e dúas horas para a montaxe, a proba de son e os preparativos. Preguntar se hai algunha dúbida en calquera cuestión.
Caché con IVE: 1850.0 €
Custo da producción técnica con IVE: 480.0 €
Redes sociais: https://www.facebook.com/abrilfadoatlantico / https://www.instagram.com/abrilfadoatlantico/ / https://www.facebook.com/profile.php?id=61555980985864