#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

ARREDORES

  • Persoa representante: SANCHEZ SEOANE, PATRICIA

  • Datos de contacto: 626 023 519 - numeproducions@gmail.com

  • Páxina web do grupo: https://arredores.com/

  • Breve currículo do grupo:

    Arredores nace en agosto de 2019 co fin de recoller, conservar e transmitir a música tradicional galega. Comezan a surcar novos xéneros e a facer os seus propios arranxos, sen abandonar por suposto o galego e a esencia da música tradicional, creando así novos temas que dan un novo aire a música tradicional e folk do país. Como grupo, nos seus 4 anos de traxectoria teñen tocado en diferentes escenarios e situacións, tanto nalgunha verbena como en festivais de maior sona como, por exemplo, o festival d'A Carballeira de Zas. Tamén noutras programacións culturais, como as do Concello da Coruña, na Festa Galega de Malpica ou na Noite no Medievo de Riobó.

  • Descrición da proposta artística:

    Este grupo está formado por Andrés Rodríguez Boutureira, Icía Varela Gómez, Brian Rodríguez Pardiñas, Lucas Rama Camino e Ismael Marcos Cives. O nome do proxecto provén da mistura das músicas que rodean aos seus compoñentes. Actualmente defenden unha proposta anovadora onde as melodías tradicionais, xunto coas de composición propia, toman diversas formas da man de arranxos actuais baixo o nome de ECDISE. Este concepto, que lle pon título ao seu primeiro traballo discográfico, fai referencia á muda, cambio periódico da cutícula do exoesqueleto de insectos e outros artrópodos para permitir o seu medrío. É a perfecta definición para a súa estética sen etiquetas, pois falamos dun grupo en constante evolución que cada día atopa máis elementos para xogar e seguir medrando sen deixar de lado a súa forma ou esencia de partida. En definitiva, son sangue novo da música tradicional galega.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    ESPECIFICADO NO DOSSIER ADXUNTO

  • Caché con IVE: 3008.49 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 1500.0 €

  • Redes sociais: https://instagram.com/arredores_?igshid=YTQwZjQ0NmI0OA==