#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

ARDENTÍA

  • Persoa representante: VARELA VÁZQUEZ, MANUEL

  • Datos de contacto: 677 732 706 - osfoabproduccions@gmail.com

  • Páxina web do grupo:

  • Breve currículo do grupo:

    ARDENTÍA É UNHA AGRUPACIÓN CON GRANDE TRAXECTORIA NO PANORAMA MUSICAL GALEGO. OS SEUS MÁIS DE TRINTA ANOS DE HISTORIA ACREDITAN UN GRANDE CURRICULO ARTÍSTICO E OUTÓRGANLLE UN POSTO RELEVANTE E IMPRESCINDIBLE NA MÚSICA DO NOSO PAÍS.

  • Descrición da proposta artística:

    Ardentia formouse no ano 1989 coa intención de profundizar e divulgar a música galega dun xeito ameno e participativo no cal as músicas tradicionais (a maioria recollida por eles) e as cantigas populares converten as suas actuacións nunha festa popular. Isto fai que moitos dos seus temas sexan interpretados por outros relevantes grupos da música galega (Canto de Arrieiro, Cuba, Ai Corazón, Non hai Ron, Baitucada...). Ardentía ten 6 discos no mercado recibindo moi boas críticas tanto da prensa especializada como do público, tendo colaborado neles músicos da talla de Uxia, o Grupo Brigada Victor Jara, Pancho Alvarez, Begoña Riobó, Luis Peixoto e moitos mais, así como diversos premios en diferentes festivais, concursos e entidades (TVG....). Instrumentación: Gaita, Saxofón, Acordeon, Zanfona, Bouzouki, Guitarra Acústica, Contrabaixo, Frautas, Percusións e voces.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    EQUIPO DE SON E LUCES ACORDE AO RECINTO DO CONCERTO E MICROFONÍA SEGUNDO RIDER TÉCNICO

  • Caché con IVE: 5900.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 1815.0 €

  • Redes sociais: