#CULTURA
Máis Música
Promoción da música galega e en galego
Catálogo de Grupos Musicais
276 resultados
- "Acunhados"
- "Xuntos pola Música"
- 9LOURO
- A BANDA DO ELÍAS
- A BANDA DO VERÁN
- A Banda da Balbina
- A GRAMOLA GOMINOLA
- A QUENLLA
- A RODA
- A Sombra dos Soños
- A banda da Loba
- A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
- ABRIL
- ABRIL Fado Atlántico
- ADHARA & RITMAN
- AILÁ
- ALANA
- ALFONSO MEDELA TRÍO
- ALFREDO SUSAVILA GRUPO TRADICIONAL
- AMILICIA BRAVÚ
- ANCESTROS
- ANDREA POUSA
- ANTÍA MUÍÑO
- ANXO ARAÚJO
- ARDENTÍA
- ARREDORES
- ARTÍSTICA E A BANDA 80
- ARiYLosMagrittes
- AS MAIMIÑAS
- AS NOSAS MUSICAS
- ASTAROT
- Abal&Bellas
- AcevedosDelgados
- Amoedo, Crespo & Jurado
- Antonio Luz
- Anxo Lorenzo
ALFONSO MEDELA TRÍO
Persoa representante: PEDRIDO REY, GONZALO LUIS
Datos de contacto: 699 842 802 - gonzalopedrido@gmail.com
Páxina web do grupo: alfonsomedela.com.es
-
Breve currículo do grupo:
Alfonso Medela, natural de O Carballiño, pianista, compositor e profesor, está recoñecido pola súa versatilidade no panorama jazzístico nacional. Titulado superior en Piano Clásico e en Jazz e Música Moderna, atesoura unha longa traxectoria como músico. Foi finalista do Premio Teté Montoliú ao mellor pianista revelación do ano. De formación clásica, atopa no jazz e na música moderna o mellor xeito de trasladar a súa sensibilidade e expresividade. Percorreu as máis especializadas salas e clubes de jazz do país coma Clamores, Galileo Galilei, Círculo de Bellas Artes, Café Popular... A súa versatilidade e axilidade musical levárono a fusionar estilos cunha fluidez asombrosa. Entre os seus “partenaires” atópanse nomes coma Carlos Carlos Carli (batería), Bob Sands (batería), Bobby Martínez (saxo), Ton Risco (batería), Xosé Miguélez (saxo) ou Pablo Castaño (saxo).
-
Descrición da proposta artística:
No contexto da xira Jazz ad Libitum 2023, o fío condutor é a liberdade absoluta do jazz. En formato trío de piano, batería e contrabaixo, Alfonso Medela mergúllanos nunha viaxe a través dos sentidos, trasladándonos a outra dimensión. O colorido harmónico dos seus arranxos e a súa enerxía no escenario convérteno nun dos máis brillantes pianistas de jazz do país. As súas improvisacións toman diferentes cores en cada actuación, polo que cada concerto convértese nunha experiencia única.
-
Necesidades técnicas e de producción:
As dimensións de escenario e a potencia de audio/iluminación descritas son relativas xa que dependen principalmente da audiencia prevista e do tipo de localización (interior ou exterior). O espectáculo pode materializarse tanto con piano acústico (se o recinto ou a organización dispoñen dun ou mediante aluguer) como con piano electrónico que leva o propio grupo. As necesidades básicas é dispoñer dun escenario de dimensión axeitada, xunto a un equipo de son completo de potencia adecuada segundo a localización do evento, que pode ser tanto interior como exterior. Este equipo ha de incluír un sistema completo de PA, monitores, mesa de mestura, microfonía pertinente, algo de iluminación e o cableado pertinente. O equipo de son pode ser posto a disposición polo artista, quen tamén pode xestionar o aluguer do piano acústico.Dispoñemos dun equipo de son da marca HK audio de entre 3200 e 4400 watios de potencia. O custo da produción técnica xa detallada é orientativa, dependendo do tipo de localización e audiencia prevista, empezando en aproximadamente 650 euros + IVE para unha produción básica.
Caché con IVE: 2662.0 €
Custo da producción técnica con IVE: 1000.0 €
Redes sociais: https://www.facebook.com/profile.php?id=100030902547226