#CULTURA
Máis Música
Promoción da música galega e en galego
Catálogo de Grupos Musicais
276 resultados
- "Acunhados"
- "Xuntos pola Música"
- 9LOURO
- A BANDA DO ELÍAS
- A BANDA DO VERÁN
- A Banda da Balbina
- A GRAMOLA GOMINOLA
- A QUENLLA
- A RODA
- A Sombra dos Soños
- A banda da Loba
- A estrela Mostrada. Pablo Sanmamed
- ABRIL
- ABRIL Fado Atlántico
- ADHARA & RITMAN
- AILÁ
- ALANA
- ALFONSO MEDELA TRÍO
- ALFREDO SUSAVILA GRUPO TRADICIONAL
- AMILICIA BRAVÚ
- ANCESTROS
- ANDREA POUSA
- ANTÍA MUÍÑO
- ANXO ARAÚJO
- ARDENTÍA
- ARREDORES
- ARTÍSTICA E A BANDA 80
- ARiYLosMagrittes
- AS MAIMIÑAS
- AS NOSAS MUSICAS
- ASTAROT
- Abal&Bellas
- AcevedosDelgados
- Amoedo, Crespo & Jurado
- Antonio Luz
- Anxo Lorenzo
Abal&Bellas
Persoa representante: PIÑEIRO ALMUIÑA, RAMON
Datos de contacto: 698 167 425 - almuinha@folque.com
-
Breve currículo do grupo:
Abal&Bellas é unha dupla formada por Iván Abal Pulleiro (zanfona) e David Bellas García (gaita), dous músicos cunha profunda traxectoria na música tradicional e contemporánea galega. A través do uso de instrumentos con fonda raíz na tradición —gaita e zanfona— o grupo desenvolve unha linguaxe sonora nova que lles permite explorar posibilidades tímbricas pouco habituais nestas formacións. A súa proposta establece pontes entre tradición e vangarda a través da adaptación de música contemporánea escrita para outras formacións (Stockhausen, Caldini, Glass, etc.), incluíndo tamén estreas de composicións feitas ex profeso para esta dupla por creadoras e creadores galegos como Bretal, Bellas, Feles, entre outros. No seu percorrido destacan actuacións en festivais e ciclos como Contemporaneas (Auditorio de Galicia, 2025), Sons Creativos (Lugo, 2022), TradFest (Santiago de Compostela, 2023), Bordóns do Xacobeo 21-22, o 3º Encontro Arredor da Zanfona (Lugo, 2023), así como a gravación dun vídeo para o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 21-22 (aCentral Folque). Ambos os dous integrantes contan cunha recoñecida traxectoria profesional: • David Bellas, gaiteiro cunha ampla carreira interpretativa e docente, foi premiado en numerosos concursos e é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Parte das súas obras forman parte do temario obrigatorio en conservatorios galegos e asturianos. • Iván Abal, zanfoneiro, musicólogo e docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo, desenvolveu unha intensa actividade formativa e artística en España e Europa. Ten participado en festivais como Lorient, Colourscape (Londres), Le Son Continu, Festival de Ortigueira, Gaia Folk, entre outros.
-
Descrición da proposta artística:
Abal&Bellas presentan un proxecto que procura unha renovación estética a partir da tradición, empregando gaita e zanfona para abrir novas vías expresivas dentro da música contemporánea. O dúo traballa cun enfoque camerístico, creando diálogos sonoros que combinan equilibrio, tensión, coraxe e introspección. O espectáculo inclúe adaptacións de obras contemporáneas e estreas de composicións recentes, cunha proposta escénica que convida á escoita profunda e á exploración do universo interior a través do son. A procura dunha sonoridade propia, a riqueza tímbrica e a amplitude expresiva son os piares dunha experiencia que avanza con naturalidade entre tradición e experimentación.
-
Necesidades técnicas e de producción:
Requerimentos técnicos backline • Dous atrís negros de bandexa • Duas cadeiras de madeira sen brazos • Toma de electricidade en escena Opción 1: Acústico (para recintos pequenos): concerto sen amplificación. Opción 2: Sonorización con amplificación • 1 micrófono SM58 (presentación) • 3 micrófonos condensador de diafragma pequeno (tipo AKG C-391b): gaita / efectos sonoros / zanfona • 1 liña con DI (zanfona) • 2 puntos de corrente no escenario • 2 monitores
Caché con IVE: 1800.0 €
Custo da producción técnica con IVE: 1452.0 €
Redes sociais: https://www.youtube.com/playlist?list=PLybE0q7GFyrZcqwIrMVa1_ohtDug8bJ4t