#CULTURA

Máis Música

Promoción da música galega e en galego

Catálogo de Grupos Musicais

"Xuntos pola Música"

  • Persoa representante: GOMEZ FANDIÑO, BEATRIZ

  • Datos de contacto: 625 028 476 - representacionesfandino@gmail.com

  • Páxina web do grupo:

  • Breve currículo do grupo:

    "Xuntos pola Música" nace a finais do ano 2022 tras a realización do programa da TVG Eventos G "O Sucesor de Juan Pardo". Tras unha primeira toma de contacto coma "Juan Pardo Tributo", na que se realizaron tres concertos multitudinarios en Galicia, o grupo se afianza e decide cambiar o nome para dar cabida a novas propostas artísticas. "Xuntos pola Música" nace respaldado pola profesionalidade e experiencia dos seus compoñentes, entre os que se atopan Lys Pardo (filla de Juan Pardo) e Antonio Barros (coñecido cantante galego), así como Fernando Calderón e iAlma.

  • Descrición da proposta artística:

    "XUNTOS POLA MÚSICA" presenta un espectáculo musical no que as voces de Lys Pardo e Antonio Barros dan vida ó repertorio máis galego e de raíz do compositor, autor e cantante Juan Pardo. Un son fresco, emocionante e contemporáneo ademáis de tradicional, que recupera a esencia da música cantada en galego e que cautiva públicos de todas as idades. A fusión perfecta entre cultura e entretemento. O noso repertorio inclúe cancións e poemas musicados de autores como Eduardo Pondal ou Ramón Cabanillas, pertencentes á cultura galega, todos eles interpretados con paixón e enerxía en directo. Cun elenco formado por Lys Pardo, Antonio Barros, Fernando Calderón, iAlma e dous músicos de directo, conformando unha banda de 6 persoas.

  • Necesidades técnicas e de producción:

    SON 1.1 .- P.A ¿ 12xTW audio VERA 20 // sub 4x S32, Amplificación 3 x Powersoft X4 (40.000w) ¿ Front Fill 2x EV15 1.2.- F.O.H Midas M32 1.3.- Monitores Mesa: M32 Midas. Monitores: FBT 112 pro ILUMINACIÓN ¿ 12 spot 300w led ¿ 16 wash beam led ¿ 4 strobe RGB ¿ 4 Cegadoras ¿ 6 PC cob ¿ 2 maq fume ¿ 1 mesa quarz Avolites compatible CAMERINO ¿ 1 ou 2 Camerinos ( ou lugar adecuado para cambiarse) de uso exclusivo do grupo. Deberán estar limpos e a unha temperatura adecuada. Cun baño cerca. Botellas de auga de Cortesía.

  • Caché con IVE: 12100.0 €

  • Custo da producción técnica con IVE: 4840.0 €

  • Redes sociais: https://www.facebook.com/xuntos.pola.musica/