#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARTÍN CAMIÑA + MAGA FANI: 2 ILUSIONISTAS CUNHAS MAXIAS SUBVERSIVAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS: FAMILIAR (DE 5 A 155 ANOS)

  • Duración do espectaculo: 65 MIN. APROX.

  • Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : http://www.martinilusionista.com/

  • Sinopsis da compañia :

    MARTÍN CAMIÑA É UN ILUSIONISTA DA MOREA,...DO MONTÓN...MAIS, DO MONTÓN BO. ESPALLANDO UN XEITO DIFERENTE DE TRANSMITIR SORPRESAS, ABRAIOS, MAXIA, IGUALDADE E LINGUA, SEUS ESPECTÁCULOS CARACTERÍZANSE POLO USO DE CACHIFALLOS E CHILINDRADAS VARIAS, SORPRENDENDO MÁIS QUE ESCOITAR GALEGO NO CENTRO DA CORUÑA. MOI AO SEU PESAR, SEUS TRABALLOS GUIONIZADOS NO HUMOR, NA DINAMIZACIÓN DA NOSA CULTURA, N@S NOS@S ESCRITOR@S, NA MÚSICA, NA CIENCIA ETC., SON CONTRATADOS POR TODO TIPO DE INSTITUCIÓNS: PÚBLICAS, PRIVADAS E ALGUNHA DE MOI DUBIDOSA ACTIVIDADE. PREMIOS: PREMIO NACIONAL DE MAXIA – DONOSTIA PREMIO CONGRESO INTERNACIONAL DE ALMUSSAFES-VALÈNCIA PREMIO CONGRESO ASOCIACIÓN PORTUGUESA DE ILUSIONISMO ESPECTÁCULOS: ILUSIÓNS SEN AZUCRE INDUSTRIAL, “J,K, W E Y”, IMPREVISTOS POUCO VISTOS, MAXIAS E LATRICADAS VARIAS, TRANSFORMANDO O PRESENTE, CALDEIRADA DE LINGUA, ENCANTAMENTOS DE RÚA (CON CAMIÓN ESCENARIO), LINGUA DO PAÍS, A OUTRA REALIDADE, LARETANDO NAS LAREIRAS, CORCHEAS, SEMIFUSAS E ILUSIÓNS, A MAXIA DO MUSEO DE BELAS ARTES, NESTE NADAL, VIDA MÁIS CULTURAL, UN PAR DE DOUS, AS MAXIAS MÁIS MÁXICAS DE TÓDALAS MAXIAS: CARLOS CASARES, A MAXIA DE MANUEL MARÍA, ILUSIÓNS PARA E POR Mª VICTORIA MORENO, UNHA VERBENA POLÍTICA. DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - HTTPS://WWW.INVENTIO.GAL/ MAXIA DIRIXIDA A: TEATROS, CASAS DE CULTURA, EVENTOS PRIVADOS, MUSEOS, AUDITORIOS, COLEXIOS, FESTIVAIS, EMPRESAS, ASOCIACIÓNS, CONGRESOS, AUDITORIOS __________________________________________________________________________________________________________________ Maga Fani conta cunha ampla experiencia profesional no mundo do ilusionismo. Realiza espectáculos en: teatros, auditorios, colexios, casas de cultura, asociacións, museos, fundacións etc. Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos, fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. ESPECTÁCULOS: Igualdade: ¿onde estás?, Mar, Terra e Lingua, Maxia Pluricelular, Enredos, Abraios e Vocábulos do País, Alta Voltaxe de Ilusións, Libros, libros, libros: todo está nos libros, As aventuras de 1 célula chamada a triunfar, “Eric Plancto” quixo ser gaiteiro, 2 ilusionistas cunha menciña contra o fastío, Unhas Risadas Sorprendentes, 220 voltios de Maxia e Música, Abraios de Rúa (con camión escenario), Maxia pola Igualdade A Maxia do Castro de Viladonga ESPECTÁCULOS MÁXICO – TEATRAIS: Transformando o Presente (ILUSIONISTA, GUIÓN e DIRECCIÓN) Corcheas, Semifusas e Ilusións (ILUSIONISTA, GUIÓN e DIRECCIÓN) A Outra Realidade (ILUSIONISTA e ACTRIZ) DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” MAXIA-CIRCO-DANZA - https://www.inventio.gal/ MAXIA DIRIXIDA A: Teatros, Casas de Cultura, Campos da Feira (sen “lamear”), Festivais, Auditorios, Colexios, Empresas, Asociacións, Eventos privados, Museos, Congresos Reciclaxe complementaria: (como artista, a súa formación é multidisciplinaria e procura ser constante). CORPO: Expresión Corporal. Movemento Respiración Hatha Ioga Mergulladora MUSICAL: Percusión Batería Outras percusións VOZ: Canto Vocal Canto Moderno

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un par de ilusionistas, con moito aquel, achegan unha escolma de actos desaxeitados con mollo de risadas. Un espectáculo que non hai por onde collelo, xa que logo, non posúe angas por ningures: unha peza escénica, asimétrica e inadaptada para estes tempos, xunto de risadas e diversións anómalas, nunha nova antoloxía de enguedellos.

  • Caché con IVE : 2100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2500.0 €

  • Técnica