#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MAGO RICHARD: DIVERMAXIA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : ILUSIONES MÁGICAS

  • Datos de contacto : 668 808 089 - info@magorichard.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGORICHARD.COM

  • Sinopsis da compañia :

    O Mago Richard comenzou coa maxia dende moi pequeno realizando actuacións esporádicas dende os 13 anos. Foi a partires do ano 1994 cando decidiu dar a coñecer a súa arte a un maior número de persoas levando a cabo representacións de maxia por toda a xeografía galega e impartindo obradoiros de maxia cunha alta participación e repercusión . Pódese destacar a súa presencia en diferentes festivais como a semana internacional de Ilusionismo "Compostela Máxica", o festival de maxia "Lugo maxico" ou o "Festival de maxia Marín". Asiste con regularidade a congresos nacionais e internacionais, da FISM (Federación internacional de Sociedades Máxicas). É membro fundador da Asociación Maxia Compostela e "Asociación de Magos Profesionais de Galicia".

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público infantil,unha mistura de maxia e fantasíacone fectos sorprendentese coa participación activa do público alí presente Os xogos de maxia ofrecidos no espectáculo son en clave humor con numerosos gags que fan brotar os sorrisos dos rapaces. ! Faise un pequeno percorrido polas distintas especialidades que ten o ilusionismo.Mediante xogos de maxia en clave de humor co que conseguimos un espectáculo dinámico e divertido. Introdúcese no espectáculo un elemento novidoso na maxia: a globoflexia,sendo o único mago de Galicia que fai números de maxia con globos, aportando orixinalidade e unha grande vistosidade á actuación.

  • Caché con IVE : 700.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1000.0 €

  • Técnica