#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Bea Campos: FESTA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Público familiar

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : Bea Campos

  • Datos de contacto : 619 775 386 - bea.campos@hotmail.es

  • Páxina web do grupo : https://noga.gal/bea-campos/

  • Sinopsis da compañia :

    Bea Campos é actriz, directora teatral, narradora e presentadora. Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia leva vinte anos dedicándose profesionalmente a arte dramática e a narración oral. Realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, visitando festivais en México, Colombia, Brasil e Venezuela. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos. No mundo do teatro tamén traballa na compañía Inventi Teatro e participa como actriz en diferentes compañías. É formadora no ámbito da expresión dramática, narración oral e literatura infantil.Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais entre eles presentou durante cinco anos a canle de difusión de literatura infantil “Kalandraka TV” achegando o mundo do libro a nenos e maiores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Dona Colorín Colorada e a súa inseparable axudante musical, a magnífica Doremí, chegan cargadas de maxia, ritmo e imaxinación para compartir con todas e todos contos e cancións perfectos para os días de FESTA. Estas fantásticas contadoras de historias veñen dun lugar moi afastado; o Reino do Érase unha vez. Un país onde as palabras teñen luz propia e onde cada conto agocha unha chave capaz de abrir portas a mundos marabillosos. Coa axuda da música e da participación do público, farán que cada historia cobre vida dun xeito único e divertido.

  • Caché con IVE : 800.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1000.0 €

  • Técnica