#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Marta Doviro, Carmen Méndez, Ledicia Sola: Sen restricións

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 881 946 972 - notificacions@alvaropbecerra.gal

  • Páxina web do grupo : https://aine.gal/

  • Sinopsis da compañia :

    Ainé é unha das produtoras de espectáculo máis relevantes de Galicia logo de dez anos de traxectoria levando aos escenarios máis de trinta proxectos, e reunindo a máis de 50.000 espectadoras e espectadores cada ano nos teatros. O traballo de Ainé combina propostas de gran formato pensadas para chegar a todo tipo de públicos con iniciativas culturais singulares, relacionadas coa posta en valor do patrimonio oral, a lingua e o territorio. Entre os espectáculos máis destacados de todos os producidos por Ainé na última década destacan ‘Somos Criminais’ (2018-2025), o espectáculo coa maior recadación por venda de entradas da historia do teatro galego, con máis de 120.000 espectadoras e espectadores, a adaptación teatral de ‘Fariña’ (2019-2021) o ensaio de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia, ou ‘Corentena’ (2023-2025), a continuación nos teatros das conversas en Instagram entre Touriñán e David Perdomo durante a pandemia. Outros proxectos de recoñecido éxito na traxectoria da produtora foron ‘Bibopalula’ (2025), o primeiro musical infantil en lingua galega, ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ (2021), ‘Continente María’ (2022), ‘Códice K’ (2023), ‘Unha noite na praia’ (2019) ou ‘Agora en serio’ (2017).

  • Sinopsis do espectaculo:

    A actuación uniu a Ledicia, Carmen e Marta. Logo de varios anos actuando en cinema, teatro e televisión, as tres unen forzas neste espectáculo de humor no que nos contan as súas propias películas sobre temas dispares e disparatados: o amor, as drogas, o Apóstolo Santiago, o vexetarianismo, a Costa da Morte, ligar nos nosos tempos ou a química! Tres mulleres que apostan por rir de si mesmas, non tomar as cousas demasiado en serio e vivir nun estado permanente de euforia, taquicardia, risas e adrenalina. Sempre con moito humor e unha pouca música. A fin de contas, non hai nada Mellor no mundo que vivir “Sen restricións”!

  • Caché con IVE : 3146.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4114.0 €

  • Técnica